domingo, 21 de diciembre de 2014

OS REIS MAGOS VISITAN AGRO DO MUIÑO

OS REIS MAGOS VIÑERON FACERNOS UNHA VISITA E A RECOLLER AS CARTAS QUE FIXEMOS NO COLE.
COMO NON SABEMOS ESCRIBIR MOITO, RECORTAMOS NÓS SOLIÑOS UNHAS FOTOS DOS AGASALLOS QUE MÁIS NOS GUSTABAN E PEGÁMOLOS NUNHA CARTA QUE DEIXAMOS NUNHA CAIXA REAL.
EU, DÍXENLLES QUE TRES AGASALLOS, E QUE SE ACORDARAN DE PEDIR UN LIBRO, UN CONTO PARA QUE SE LEA NA CASA.
TAMÉN EU LLES ESCRIBÍN UNHA CARTA PARA QUE NOS TRAIAN ALGO PARA A AULA, ALGÚN XOGUETE, UN CONTO....E O QUE ELES QUEIRAN.
OXALÁ QUE VEÑAN CARGADOS PARA TODAS AS FAMILIAS.
UN SAÚDO. MERCEDES.

. TAMÉN BAILAMOS COAS SÚAS MAXESTADES, MIRADE

jueves, 18 de diciembre de 2014

TRUFAS.

COMO ESTAMOS CO PROXECTO:" COCINA Y ALIMENTOS" E COMO NOS GUSTA MOITO ANDAR COAS MANS NA MASA, POIS DESTA  VEZ FIXEMOS UNHA TRUFAS PARA COMPARTIR CON VÓS,  FAMILIAS.
PRIMEIRO PREGUNTEILLES SE SABÍAN O QUE ERAN TRUFAS, HOUBO QUEN DIXO QUE ERAN ROCAS E TAMÉN UN PEIXE.....
ENTÓN PREGUNTÁMOSLLE A GOOGLE.ES E XA NOS DIXO. MERQUEI OS INGREDINTES E ALAAAAAAAA 
PODEDES COMER TOTALMENTE TRANQUILOS, A HIXIENE  FOI O PRIMEIRIÑO DE TODO, LAVAMOS AS MANS, ANTES, DURANTE POLO MEDIO E DESPOIS.....ASI QUE
ESPERO QUE VOS GUSTEN E QUE VOS APROVEITEN. MERCEDES HOUBO MOMENTOS NOS QUE ME AGOBIEI UN POUQUIÑO, PERO ELES DISFRUTARON.......COMO NENOS/AS, E POR UN SORRISO DESTAS PERSOIÑAS HAI QUE FACELO TODO. MIRADE FAMILIAS:


miércoles, 17 de diciembre de 2014

BO NADAL PARA OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE LOUSAME

QUIXEMOS FACER UNHA POSTAL MOI GRANDE , BONITA E SOBRE TODO ORIXINAL. OLGA E MERCEDES RECORTAMOS OS BRECOLES E OS TOMATES, OS NENOS E NENAS DECORARON AS BOLAS DE NADAL E PEGARON TODO EN FORMA DE ÁRBORE NUN PAPEL AMARELO....VERES A VER QUE VOS PARECE.
A NÓS GUSTOUNOS MOITO, TANTO QUE APARTIRES DAQUI FIXEMOS COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 4 ANOS B A ÁRBORE DO PASILLO DE INFANTIL COAS FOTOS DAS DÚAS CLASES.
BOAS FESTAS FAMILIAS.

viernes, 12 de diciembre de 2014

CHINA

OLA FAMILIAS, DENDE A BIBLIOTECA DEMANDARON UNHA RECEITA TÍPICA DO NADAL DUN PAÍS, COMO NA NOSA AULA TEMOS A SORTE DE TER A YIMING, E OS SEU PAIS SON CHINOS, APROVEITEI A OCASIÓN PARA PEDIRLLES SE NOS FACÍAN ALGO DOCE TÍPICO DE CHINA E ASI FOI.
DESTE XEITO, QUIXEN AVERIGUAR O QUE OS NENOS E NENAS PODÍAN SABER SOBRE CHINA, E SE LLES GUSTARÍA SABER COUSAS E CALES.
INVESTIGAMOS ALGUNHAS COUSAS EN INTERNET, PREGUNTÁNDOLLE A GOOGLE, E TAMÉN AO FINAL TIVEMOS A  SORTE  DE QUE  OS PAIS DE YIMING VIÑERON A AULA, TRÓUXÉRONNOS O POSTRE TÍPICO DO ANO NOVO CHINO, E EXPLICÁRONNOS A RECEITA, E POIDEMOS DEGUSTALA.
AGORA IDES VER QUE APREDENDEMOS ALGUNHAS COUSIÑAS.........MIRADE E DISFRUTADE, QUE NÓS XAO FIXEMOS.


martes, 9 de diciembre de 2014

CORRESPONDENCIA DO CPI " CERNADAS DE CASTRO" INFANTIL B. LOUSAME

ESTIMADAS FAMILIAS, CHEGOUNOS CORRESPONDENCIA DE LOUSAME. MIRADE QUE COUSAS TAN MARAVILLOSAS. VAN LEVAR O LIBRO DE RIMAS E O XOGO DE PESCA, PORFA COIDADE MOITO ESTE MATERIAL, QUE TANTO TRABALLARON E SE ESFORZARON.
DISFRUTADE MOITO NAS CASAS COS VOSOS FILLOS E FILLAS VENDO , TOCANDO E XOGANDO.

jueves, 4 de diciembre de 2014

O CARAMELIÑO SEN COR E SEN SABOR

ESTA SEMANA DENTRO DO PROGRAMA FALADOIROS DO MUIÑO, TIVEMOS A VANESA, ( MAMÁ DE ALEX) QUE VEU A CONTARNOS UN CONTO MARAVILLOSO.
E QUE UNHA HISTORIA DUN CARAMELO, PÚXONOS A PENSAR A IMPORTANCIA QUE TEN A AXUDA QUE PODEMOS OFRECER AOS DEMÁIS.
VEREDES:


martes, 25 de noviembre de 2014

25 DE NOVEMBRO

Día contra la violencia de género







HOXE TAMÉN ADICAMOS UN TEMPO A ESTE DÍA. ANQUE TODOS OS DÍAS DEBEN E TERÍAN QUE SER DÍA DE TODO.
LINLLES UN CONTO, QUE GUSTOU E MOI A PROPIADO AO QUE ESTAMOS TRABALLANDO NÓS TAMÉN NAS TITORIAS, AXUDA, COLABORACIÓN, NORMAS......
NA AULA TAMÉN ESTAMOS POÑENDO AS NORMAS E ESCRIBINDOAS.
O CONTO TÍTULASE: " O PAÍS DOS MANDÓNS" E COLLENDO O ENLACE EN YOUTUBE, AQUÍ QUEDA PARA QUE POIDADES LELO COS VOSOS FILLOS E FILLAS.



MAXIA

MAXIA  É O TÍTULO DO CONTO,  QUE DENTRO DO PROGRAMA DE FALADOIROS DO MUIÑO, VEUNOS A CONTAR HOXE REYES, A MAMÁ DE DANIELA.
A VERDADE É QUE NOS GUSTOU MOITO. E O ESFORZO E PREPARACIÓN QUE LLE ADICOU TRAENDO AO COLE OBXETOS E ALIMENTOS PARA A ESCENIFICACIÓN DO MESMO.
ESTE CURSO COMO AGASALLO  DOS NENOS E NENAS, FAN UN DEBUXO DO CONTO E LEVARANO PARA A CASA .
MIRADE, MIRADE.....

lunes, 24 de noviembre de 2014

BISCOITO DE OUTONO

A SEMANA PASADA, FALANDO DE ALIMENTOS , PREGUNTEILLES  AOS NENOS E NENAS SE LLES GUSTARÍA QUE FIXÉRAMOS UN BISCOITO NA AULA. A RESPOSTA FOI: SIIIIIII. ENTÓN FALAMOS DE QUE PODERÍA SER O BISCOITO?, E DECÍAN DE FARIÑA, OVOS.....E TAMÉN CON  CASTAÑAS, ( ENTÓN VOLVÍN METER POLO MEDIO O TEMA DOS FROITOS SECOS E CARNOSOS QUE XA TRABALLARAMOS) ETC.
ENTÓN, POR ORDEN DECIDIMOS:

  1.  O NOME DO BISCOITO
  2. INGREDINTES
  3. ELABORACIÓN
  4. DEGUSTACIÓN.         
NOME: " BISCOITO DE OUTONO"
INGREDINTES: OVOS, FARIÑA, IOGUR, ACEITE, AZUCRE, ACEITE CASTAÑAS, NOCES, CHOCOLATE, ZUME DE LARANXA....TODO ISTO O DIXERON AS NENAS E NENOS, E PARECEUME FABULOSO, EU DIXEN QUE TAMÉN PODÍAMOS PORLLE AMENDOA, E LOGO VERÍAMOS AS CANTIDADES.
HOXE LUNS, CHEGOU O DÍA DE FACER O BISCOITO. 
TRAIO AS CANTIDADES DOS INGREDINTES E OS UTENSILIOS NECESARIOS PARA FACER O DOCE NA AULA. TRABALLAREMOS VARIOS CONCEPTOS:
HIXIENE, TEXTO ENUMÉRATIVO ( 1º, 2º,...NÚMEROS E LETRAS), TEXTO EXPLICATIVO ( ELABORACIÓN),  CANTIDADES E MEDIDAS: 3 OVOS, 150GRMS DE FARIÑA...ETC.
TAMÉN VIMOS O CONTO DE " COCORICO" QUE ALGÚNS NENOS TROUXERON, RELACIONADO CON BISCOITO.

NON PODO ESQUECERME DE DAR AS GRAZAS A PROFE PAULA, E A OLGA POLA SÚA AXUDA E COLABORACIÓN .

E O RESULTADO DE TODO ISTO.....TACHÁNNNNNN .

sábado, 1 de noviembre de 2014

SAMAÍN-MAGOSTO 2014

ESTA SEMANA ADICÁMOLA A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS CO MAGOSTO E O SAMAÍN.
EMPEZAMOS LEVANDO FROITOS (TÍPICOS DESTA ÉPOCA)  CARNOSOS E SECOS. OBSERVAMOS, TOCAMOS, ULIMOS....    AROA TRÓUXONOS UNS "KIWITOS", A VERDADE MOI BOS. TRABALLAMOS A LETRA DO ABECEDARIO " C" ( CASTAÑAS, CABAZAS, COGOMELOS), E LEMOS CONTOS RELACIONADOS CON ESTAS FESTAS: " CORRE CORRE CABACIÑA", A CASA DO RATO RENATO" " LA CASTAÑA Y LA CALABAZA".
A METADE DA SEMANA EMPEZARON A CHEGAR CABAZAS, FANTÁSTICAS E MOI SIMPÁTICAS E TRABALLADAS. VISITÁMOLAS VARIAS VECES, E TAMÉN UNHA EXPOSICIÓN DE SETAS E COGOMELOS QUE HOUBO NA BIBLIOTECA.
A SEMANA CHEGABA O SEI FÍN COA FESTA DO MAGOSTO O XOVES 30,  FOMOS  Ó TREN A RECOLLER AS CASTAÑAS, TIVEMOS BO DÍA PARA COMELAS FÓRA E XOGAR . PARA REMATAR A MAÑÁ FIXEMOS UN MORCEGO PARA ASUSTAR AS FAMILIAS  E TAMÉN CANTAMOS E BAILAMOS UN POUCO. E..............ISTO FOI TODO.
MIRADE..MIRADE.

domingo, 26 de octubre de 2014

SEMANA DAS BRUXAS

ESTA SEMANA  ADICÁMOLA A FALAR DAS BRUXAS, ESES SERES MARAVILLOSOS QUE TANTO PODEN SER BOS COMO MALVADAS.
POR PARTE DO EQUIPO DA BIBLIOTECA PEDÍANNOS QUE FIXÉRAMOS UNHA DESCRIPCIÓN DAS BRUXAS, E TAMÉN UNHA  APÓCEMA.
EMPEZAMOS PREGUNTANDO , QUE SABÍAN DAS BRUXAS E TODOS E TODAS DIXERON COUSAS, ASI FOI COMO CREAMOS A NOSA BRUXA, LOGO COUSAS QUE TODA BRUXA TEN QUE TER: MASCOTA, UNHA VASOIRA....., AS SÚAS COMIDAS, E COMO NON PODÍA SER DE OUTRO XEITO OS FEITIZOS, E AS APÓCEMAS QUE FÁN PARA AS SÚAS MAXIAS. NÓS INVENTAMOS UNHA APÓCEMA PARA CONVERTIR NENAS EN RÁS E OS NENOS EN SAPOS, É QUE A NOSA BRUXA ERA MALA E MALVADA JAJAJA.
LEMOS CONTOS DE BRUXAS: " LA BRUJA BRUNILDA", A BRUXA REGAÑADENTES.....E VISIONAMOS PELÍCULAS ONDE HAI BRUXAS: HANSEL E GRETEL, CENICIENTA......
TIVEMOS O RECUNCHO DAS BRUXAS E BRUXOS, E O VENRES QUIXERON QUE ME DISFRAZARA E......HOUBO QUE FACELO...PERO ELAS E ELES TAMÉN O PASARON MOI BEN...VEREDES.
AGORA A DISFRUTAR VÓS , QUE NÓS XAO FIXEMOS

sábado, 18 de octubre de 2014

"A CAIXA DOS SENTIDOS"

DECIDÍN CHAMAR " A CAIXA DOS SENTIDOS" A UNHA CAIXA NA QUE TAN SÓ METENDO UNHA MAN, ESTA VAI SER O PRIMEIRO SENTIDO ( O TÁCTO) QUE NOS VAI DAR INFORMACIÓN SOBRE ALGO QUE ESTEA DENTRO.
O LONGO DO CURSO, E DENTRO DO PROXECTO DA ALIMENTACIÓN, FAREMOS ISTO MOITAS VECES CON DISTINTOS ALIMENTOS, E SERÁ UNHA ACTIVIDADE PREVIA Á LETRA DO ABECEDARIO QUE TRABALLEMOS ESE DÍA.
POR EXEMPLO, FIXEMOS A "K" E O ALIMENTO FOI O KIWI, FIXEMOS A "U" E O ALIMENTO FORON UVAS. 
NON SEMPRE SERÁ POSIBLE FACER ISTO CON TODAS AS LETRAS, SOBRE TODO POR CUESTIÓN DE TEMPO E DE TER SEMPRE TODO O MATERIAL PRECISO.
CON ISTO TRABALLAMOS A IMAXINACIÓN, FACEMOS HIPÓTESES, DESCRIPCIÓN DO QUE TOCAN ( GRANDE, PEQUENO, UN VARIOS, LISO, RUGOSO, SUAVE ÁSPERO, REDONDO.......) E LOGO DIRÁN O QUE PENSAN QUE HABERÁ DENTRO, ABRIMOS A CAIXA, MIRAN, ULEN E DEGUSTAN.
TODO ISTO VERÉDELO MELLOR EN IMAXES.
A DISFRUTAR FAMILIAS, QUE NÓS XAO FIXEMOS

sábado, 4 de octubre de 2014

PAN DE MILLO

PAN DE MILLO FOI O QUE TODOS E TODAS PROBAMOS O VENRES.
LEVEILLES A PLANTA DO MILLO, FARIÑA GRAUDA, BROA, E OLGA TAMÉN TRÓUXO FLOCOS DE MILLO E MILLO ENLATADO.  ASI VIRON COMO SERÍA O PROCESO DENDE A PLANTA ATA QUE PODEMOS COMELO, E GUSTOULLES QUE TODOS COMERON. TAMÉN LLE LEVAMOS OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CATRO ANOS B.  MIRADE:

miércoles, 24 de septiembre de 2014

"LOLA", A NOVA MASCOTA

HOXE CANDO CHEGARON A AULA, PASCUALA TIÑA UN AGASALLO CUNHA CARTA. ERA A PRESENTACIÓN DA NOVA MASCOTA, UNHA FROITA EN FORMA DE BONECA, UN AMORODO, QUE AO TÁCTO TODOS DIXERON QUE ERA BRANDA E SUAVE. LOLA, É UN ALIMENTO VEXETAL EN FORMA DE BONECA POLO FEITO DE QUE ESTE ANOS APRENDEREMOS MOITAS COUSAS SOBRE ELES.
UNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES.






domingo, 29 de junio de 2014

GLÚ , GLÚ, GLÚ

CHEGAMOS AO FÍN DESTE CURSO, E COMO NON PODÍA SER DE OUTRO XEITO DESPOIS DE TRABALLAR  " A AUGA" , DESPEDÍMONOS CANTANDO E BAILANDO UNHA CANCIÓN : " GLÚ GLÚ GLÚ.." DE MAMÁ CABRA.
DOUVOS AS GRAZAS POR TODO, E MOI FELIZ VERÁN.

viernes, 27 de junio de 2014

XOGANDO NOS RECUNCHOS

UN DÍA CALQUERA NA HORA DE XOGO. DECIR QUE CADA DÍA OS NENOS E NENAS VAN A UN RECUNCHO DIFERENTE.

domingo, 15 de junio de 2014

DESPEDIDA ATA SETEMBRO CPI " CERNADAS DE CASTRO"

DESPEDÍMONOS DOS NOSOS COMPAÑEIROS, COMPAÑEIRAS E DA PROFE ANA, DE LOUSAME ATA SETEMBRO.
COMO TRABALLAMOS SOBRE A AUGA, PENSAMOS EN CONTESTARLLES A SÚA CARTA, CONTAMOSLLES O QUE ESTIVEMOS FACENDO, A VIAXE A SANTIAGO, QUE XA ESTAMOS CANSADOS E CANSADAS DE TRABALLAR E QUEREMOS IR Á PRAIA. PENSAMOS EN   FACERLLES UNHA POSTAL GRANDE DUN MAR, NAVEGANDO NUNS BARQUIÑOS E POÑERLLES : " FELIZ VERÁN". 





sábado, 14 de junio de 2014

" A AUGA "

ESTIMADAS FAMILIAS, AQUÍ PODEDES VER UN POUCO O QUE FOI O TRABALLO LEVADO A CABO DO PROXECTO DA AUGA, BEN CERTO É QUE NÚNCA SE PODE REFLEXAR EN PAPEL TODO O QUE SE TRABALLA,  XA QUE  TAMÉN SE TRABALLA MOITO A ORALIDADE.
PRIMEIRO VEREDES COMO NOS QUEDOU O PROXECTO DA AUGA, ANQUE O SOPORTE DE PAPEL É DA EDITORIAL ANAYA, MODIFICARONSE E ADAPTARONSE CASE TODAS AS FICHAS AS NOSAS NECESIDADES.  TOMANDO O TRABALLO  DE UN NENO COMO EXEMPLO, E LOGO O REMATE COA SAÍDA A EXPOSICIÓN " AUGA DOCE" Á CIDADE DA CULTURA

viernes, 6 de junio de 2014

CORRESPONDENCIA DE LOUSAME

OLA FAMILIAS, O MÉRCORES CHEGOUNOS CORRESPONDENCIA DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS  DO CPI " CERNADAS DE CASTRO".
NESTA OCASIÓN NON VOS MANDO A BOLSA ÁS CASA PERO FAREINO EN SETEMBRO, XA QUE O TRABALLO TAN FANTÁSTICO E MARAVILLOSO DOS DVDS NON O PODEDES  DESFRUTAR SE NON VAI AS VOSAS CASA.
AGORA MIRADE UNHA FOTOS DUN CONTO MOI CHULO, E A SÚA MASCOTA CASIMIRO CUN PIXAMA DE ESTRELAS.

jueves, 15 de mayo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

FAMILIAS, SUPOÑO QUE VOS GUSTARÍA A SORPRESA QUE TIÑAMOS GARDADA PARA O DÍA DE HOXE. AGORA ATOPAREDES RESPOSTA A PETICIÓN DA FOTO NA PRAIA, EN BAÑADOR.......
HOXE, COMO OUTRAS VECES, FALAMOS DA FAMILIA, ELES SABEN PERFECTAMENTE O QUE É UNHA FAMILIA, E SABEN CANTOS MEMBROS COMPOÑEN A SÚA FAMILIA MÁIS CERCANA,  CON QUEN VIVEN DÍA A DÍA. ASI HOXE FIXERON UN DEBUXO. ISTO FACEMOLO POLO MENOS 2 VECES DURANTE O CURSO, XA O FÍXERAMOS EN XANEIRO E AGORA OUTRA VEZ,  TAMÉN CO OBXETIVO DE VER COMO AVANZAN, COMO MEDRAN EXTERIOR E INTERIORMENTE, A FORMA DE REPRESENTARSE E REPRESENTARVOS.....VAI CAMBIANDO.
 FELICIDADES FAMILIAS, E AGORA AQUÍ VEDES O FÍN DOS CADROS, NOS QUE EN TODO MOMENTO TRABALLARON ELES SEMPRE CO ADULTO AO SEU LADO PERO O TRABALLO E SEU,  ANQUE A MELLOR FORMA DE VELOS E NAS VOSAS CASAS.A COMPAÑADO DA MÚSICA DE: DEBUSSY,  " EL BAILE DE LAS OLAS"

miércoles, 14 de mayo de 2014

ANTES AUGA NO MAR AGORA .......ARTE NA AUGA

NO 2º TRIMESTRE , DENTRO DO PROXECTO DA AUGA, ADICAMOS UN TEMPO A AUGA NO MAR. AGORA E XA REMATANDO TRABALLAMOS ALGO DE ARTE E DECIDIMOS CHAMARLLE : ARTE NA AUGA. QUE VAI PASANDO FASES:

  • ESTE TEMPO EMPEZOU COA FICHA DE INVESTIGACIÓN QUE OS NENOS E NENAS LEVARON ÁS CASAS EN S.SANTA, LOGO DE QUE CADA UN FALARA DE COMO INVESTIGARAN NA CASA, QUEN ERA AQUEL SEÑOR, ONDE NACERA , NOMES DE CADROS ETC...
  • .ELEXIMOS UN CADRO: " EL BALANDRITO", UN CADRO CON MAR, UN NENO E UN BARQUIÑO.
  • ANÁLISE DO CADRO: FIXÉMOLO POR PARTES, TAPANDO CASE TODA A LÁMIA, E IR DESTAPANDO PARTES. AQUÍ FANSE UNHA PREGUNTAS ÁS QUE VAN RESPONDENDO POR ORDEN, LEVANTANDO A MAN.... FORON PREGUNTAS COMO: QUE VEMOS???, QUE CORES HAI??? CORES CLARAS OU ESCURAS?? CORES FRÍAS OU CÁLIDAS??? POR QUE É UN NENO??? COMO ESTÁ?? VÓS CANDO IDES A PRAIA ESTADES ASI???, QUE TEN NA MAN??? CON QUE XOGADES VÓS NA PRAIA??? A QUE VOS ULE ESE CADRO?? GUSTARÍAVOS FACER UN CADRO  ASI A VÓS??? QUE CORES LLE PORÍAMOS??  COMO PENSABAN QUE SE TITULABA O CADRO??. TODA ESTA CONVERSA ESTÁ TRANSCRITA, VERÉDELA CANDO LEVEN O PROXECTO PARA A CASA.
  • UNHA VEZ TEMOS AS FOTOS DOS NENOS E NENAS NA AULA E MÁIS OS LIENZOS, EMPEZAMOS A TRABALLAR.
  • DAMOS FONDO Ó LIENZO, PEGAMOS AS FOTOS E OS BARQUIÑOS, SEMPRE FIXANDONOS MOI BEN NA LÁMIA QUE QUEREMOS IMITAR, E FACEMOS AS SOMBRAS......TODO ISTO CON TÉMPERAS.
  • DAMOS COR A UN " BALANDRITO" CON CERAS BRANDAS.
  • PARA REMATAR FAREMOS UN " BALANDRITO" CON ACUARELAS... ASI, EMPREGAREMOS TRES  TÉCNICAS DIFERENTES.
  • FIXEMOS  UN "BALANDRITO " XIGANTE AS NENAS E OS NENOS DE TRES ANOS, E COLGÁMOLO NO PASILLO, A VERDADE QUE NOS QUEDOU BEN BONITO.
 FAMILIAS.... A DISFRUTAR VENDO AS IMAXES, QUE NÓS XAO DISFRUTAMOS FACENDO.

miércoles, 7 de mayo de 2014

O CAN E O GATO

ESTE É UN CONTO QUE NOS VEU A CONTAR AOS NENOS E NENAS DE TRES ANOS CARMEN, A MAMÁ DE AMALIA .
UN CONTO CURTO, SINXELO PERO CUN CONTIDO PARA REFLEXIONAR. TODOS TEMOS QUE APRENDER A PEDIR DISCULPAS, ANQUE OS DEMÁIS AS PODERÁN ACEPTAR OU NON.
ESTE É O RESULTADO:

viernes, 25 de abril de 2014

ENLACES PÁXINAS WEB PROXECTO DA AUGA

OLA FAMILIAS, O PROXECTO DA AUGA QUE ESTAMOS TRABALLANDO TRAE UNHA GUÍA PARA A/O MESTRE/A E UN CD CON ENLACES A PÁXINAS WEB NAS QUE SE PODEN VER VÍDEO EXPLICATIVOS INTERESANTES AO MEU PARECER.NA CLASE XA VISIONAMOS VARIAS E TODOS OS DÍAS ADICAMOS 5 MINUTOS A ESCOITAR MÚSICA CLÁSICA QUE NOS " TRANQUILIZA"  UN POUQUIÑO.
AQUÍ VOS QUEDAN UNS CUANTOS QUE PODEDES MIRAR. ESPERO QUE SEXAN DO VOSO AGRADO E DESFRUTEDES COS VOSOS FILLOS E FILLAS VISUALIZANDOOS.


VÍDEO SOBRE O COIDADO DA AUGA:
http://www.youtube.com/watch?v=Jj-W5piaU5M&feature=fvwrel
FLUVI, PEQUENIÑAS GOTIÑA DE AUGA:
http://www.youtube.com/watch?v=vd903vbcLC8

VÍDEA ANIMADO QUE EXPLICA PORQUE CHOVE:
http://www.youtube.com/watch?v=Tm45w-80otc&feature=related..

RECEITAS DE POMPAS DE XABÓN:

http://www.ensaimadamalabar.com/pompasjabon.htm

COMO FACER UN POMPEIRO XIGANTE:
http://www.youtube.com/watch?v=mh1_IBUI4OE&feature=relmfu

EXPERIMENTO CASEIRO ( PROBADE SEN MEDO):

http://www.youtube.com/watch?v=P7U4O2zfc2E&feature=fvst

VÍDEOS DE IMAXES DE AUGA CON MÚSICA DE RAVEL E DEBUSSY:
http://www.youtube.com/watch?v=fm9mGsnEyCQ&feature=fvwrel

miércoles, 23 de abril de 2014

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

AS ORIXES DA FESTA DO DÍA DO LIBRO ESTÁN LIGADAS A CATALUÑA E Á CELEBRACIÓN DO SANT JORDI ( SAN XURXO) CANDO ERA COSTUME QUE OS HOMES AGASALLASEN ÁS MULLERES CUNHA ROSA E ESTAS O FIXESEN CUN LIBRO. É APARTIRES DE 1930 CANDO SE PÓN ESTA DATA COINCIDINDO COA MORTE DE MIGUEL DE CERVANTES E TAMÉN COA DATA DE ANIVERSARIO DE NACEMENTO E MORTE DE WILLIAM SHAKESPEARE.

ESTE ANO PASCUALA DEIXOUNOS 1 LIBRO MOI ESPECIAL : "   CANTOS ANIMAIS"        DE SUSA HERRERA, PORQUE É LIBRO DE LER E TAMÉN É MUSICADO, TEN UN CD DE MÚSICA E UN DVD NO QUE VEMOS A NENOS E NENAS DO NOSO COLE.






UNHA DAS CANCIÓNS É A DA RANCIÑA , ASI QUE LÉMOLA E ESCOITÁMOLA VARIAS VECES..... SERÍA POR ISO QUE PASCUALA NOS AGASALLOU CON ESTE LIBRO CD E DVD????

MERCEDES TAMÉN MERCOU OUTRO LIBRO MOI CHULO: " MAMÁ DE QUE COLOR SON LOS BESOS" DE  ELISENDA QUERAL, ED. IMAGINARIUM.

ISBN 9788497804608.

A VERDADE É QUE NOS GUSTA MOITO E IMOLO TRABALLAR, A DEMÁIS REMATA DUN XEITO MOI SORPRENDENTE.....CON BICOS  DAS CORES DO ARCO DA VELLA. 
PINCHANDO  PODEDES VER O CONTO, FALAR DEL COS NENOS E AS NENAS NA CASA.


TAMÉN MERCAMOS PARA O NIVEL ( 3 ANOS) UN LIBRO PARA AS EMOCIÓNS, QUE XA AS ESTAMOS TRABALLANDO E XA TEMOS VARIOS LIBROS COMO: " LAS EMOCIONES DE NACHO"...., ESTE TÍTULASE:"EMOCIONARIO"
LIBRO QUE ENSINA A COMO EXPRESAR EMOCIÓNS VIVIDAS, QUE FORMAN O NOSO XEITO DE SENTIR. CONSIDERO QUE É MOI IMPORTANTE PODER EXPRESAR O QUE SENTIMOS PARA PODER COMPARTILO E QUE NOS POIDAN AXUDAR ( SE SE TRATA DE MEDO, TRISTURA, ENFADO...) E TAMÉN XUNTOS DISFRUTAT ( ALEGRÍA, AMOR..).

lunes, 14 de abril de 2014

TINGUIR FLORES, FACEMOS XELATINA.

DENTRO DO PROXECTO DA AUGA, INTENTAMOS FACER  MOITAS COUSAS COA AUGA, NESTA OCASIÓN FIXEMOS UN EXPERIMENTO DE TINGUIR FLORES, PARA O CAL FALAMOS DO QUE IAMOS PRECISAR( MATERIAIS), QUE PENSAMOS QUE ÍA PASAR ( FORMULAR HIPÓTESES), QUE PASARÍA REALMENTE, ( VEMOS OS RESULTADOS) E POR ÚLTIMO A EXPLICACIÓN DE PORQUÉ PASA ISO. TODO ISTO MELLOR CON IMAXES NO SEGUINTE VÍDEO.


TAMÉN FIXEMOS XELATINA DE AMORODO. QUERÍAMOS FACER UNHA RECEITA NA QUE UN DOS INGREDINTES FORA AUGA  E PENSEI NA XELATINA, FALAMOS SE LLES GUSTABA, E DE QUE SABOR....... CONSEGUIMOS UN HORNILLO ELÉTRICO ( QUE NOS TROUXO OLGA), MERQUEI A XELATINA E A AUGA XA A TIÑAMOS NA ESCOLA....E MANS A OBRA...
OBSERVAMOS QUE LLE PASA A AUGA CANDO SE QUENTA MOITO..( VAPOR)  LOGO SE SE ENFRÍA VOLVE A SER AUGA....ISTO É COMO O QUE PASA COA CHOIVA. 
UNHA VEZ FEITA PUXÉMOLA EN VASIÑOS, UN DÍA NA CÁMARA FRIGORÍFICA DO COLEXIO E AO DÍA SEGUINTE ..... A COMERRRR.

"NON QUERO SER UN POLBO"

ESTE É O CONTO QUE MÓNICA, A MAMÁ DE NOELA, NOS VEU A CONTAR DENTRO DO PROGRAMA : "FALADOIROS NO MUIÑO". MIRADE....MIRADE

miércoles, 2 de abril de 2014

"A AUGA NO MAR"

ESTIMADAS FAMILIAS, TÍLULO ASI:" A AUGA NO MAR" ESTA PUBLICACIÓN XA QUE , DURANTE O MES DE MARZO CONPARTIU AULA CON NÓS  NOEMI CASTRO, ALUMNA EN PRÁCTAS.  FOI UNHA ALUMNA EXCELENTE, XA QUE ADAPTOUSE MOI BEN E MOI RÁPIDO A AULA , AMOSANDO EN TODO MOMENTO INTERESE POLA MARCHA DA AULA, AS INQUEDANZAS DOS NENOS E NENAS, ATENDENDOOS EN CADA MOMENTO QUE A REQUERÍAN, AMOSANDO HABILIDADES, CREATIVIDADE, QUERENDO AXUDAR E FACER ETC, FOI MARAVILLOSO , A VERDADE É QUE NOS ACORDAMOS MOITO DELA.
UNHA PARTE DO TRABALLO QUE REALIZOU, E QUE TOMOU ELA AS RENDAS DA AULA FOI: QUERER INVENTAR UNHA HISTORIA COS NENOS E NENAS, E XA QUE  ESTAMOS TRABALLANDO A AUGA E TENDO UN PEIXE NA AULA, PARECEULLE E PARECEUNOS BEN PARTIRES DAHÍ, E VEREDES A HISTORIA TAN BONITA QUE SE CREOU. NOEMI FÍXONOS UNHA PELÍCULA DE RECORDO DO SEU PASO POLA AULA VERDE, CON ESA HISTORIA QUE XA IDES VER.
DENDE A AULA VERDE, GRAZAS NOEMI, DÁ GUSTO SABER QUE A EDUCACIÓN SEGUIRÁ EN BOAS MANS. MOITA SORTE.

sábado, 15 de marzo de 2014

EXPERIMENTAMOS COA AUGA

OLA FAMILIAS, COMO BEN SABEDES ESTAMOS E ESTAREMOS TRABALLANDO NO PROXECTO DA AUGA ATA FINAL DE CURSO.
FIXEMOS UNHAS EXPERIMENTACIÓNS COA AUGA:

  • POR UN LADO,  FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON AUGA E GOMINOLAS QUE NOS MANDOU  MÓNICA, MAMÁ DE NOELA. CONSISTÍA EN DEIXAR AS GOMINOLAS DE UN DÍA PARA OUTRO EN AUGA, MERCAMOS GOMINOLAS DE DISTINTAS FORMAS: UN OSIÑO, UN COCRODILO, UNHA FLOR E UN PEIXE , FORMULAMOS HIPÓTESES SOBRE O QUE PASARÍA E AO DÍA SEGUINTE VIMOS O RESULTADO ( VEREDES EN FOTOS).
  • LOGO FALAMOS DE QUE NOS GUSTARÍA SABER FABRICAR POMPAS DE XABÓN, E OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A, ONDE ESTÁN OS IRMÁNS DE ÁNGELA E ROI DIXERONNOS E ESCRIBIRONNOS A SÚA RECEITA, PUXÉMOLA EN PRÁCTICA E SAIRONNOS FANTÁSTICAS POMPAS. VEREDES.
  • COMO PARA A VINDEIRA SEMANA, SERÁ O DÍA DA AUGA ( 22 DE MARZO) FAREMOS DISTINTAS ACTIVIDADES COMO:
  1. UNS CONSELLOS PARA COIDAR A AUGA.
  2. CANDO A AUGA A PODEMOS ESCOITAR, SONS DA AUGA( CISTERNA, UNHA FONTE, A CHOIVA, AS ONDAS DO MAR...)
  3. E FIXEMOS UNHA PEQUENIÑA ESCURSIÓN AO REDOR DO COLEXIO, A VER ONDE HABÍA AUGA E ATOPAMOS: UNHA FONTE, UN LAVADOIRO E UN REGATO.
  4. TAMÉN INVENTAMOS ENTRE TODOS UN CONTO, ONDE OS PROTAGONISTAS SON : MAXI E BURBULLA( PEIXES QUE VIVEN NA AUGA).....ISTO AINDA NON O PODEDES VER!!!!!!!!.
AGORA DEIXOVOS QUE DISFRUTEDES DESTAS IMAXES, QUE ANTES XA O FIXEMOS NÓS.!!!

viernes, 7 de marzo de 2014

AMIGOS

" AMIGOS" É O TÍTULO DO CONTO QUE HOXE VENRES 7 DE MARZO NOS VEU CONTAR ANA, A MAMÁ DE MARIO, DENTRO DO PROGRAMA " FALADOIROS NO MUIÑO", A NÓS E OS NOSOS AMIGOS DE 3 ANOS B.
É UN CONTO PRECIOSO, E MOI APROPIADO PARA O TEMA DA AUGA QUE ESTAMOS TRABALLANDO. GUSTOUNOS MOITO E FORON SORPRESAS UNHA TRAS OUTRA, O AMIGO DE BURBULLAS( UN PEIXE DO CONTO) ERA UN GATO!!!!SEMPRE PENSAMOS QUE OS GATOS E OS PEIXES NON SE LEVABAN ALÁ MOITO, LOGO ANA E MARIO TROUXÉRONNOS A UN DOS PROTAGONISTAS DO CONTO, SI SI A BURBULLAS....TEMOS UN NOVO PEIXE NA AULA,  XA " MAXI" TEN UN NOVO AMIGO, E PARA REMATAR MARIO E ANA TAMÉN NOS ENDULZARON CUNHA TARTA UHMMMM  EN FORMA DE PEIXE. BUENO FOI UNHA MAÑAN SUPER EMOCIONANTE, COMA SEMPRE QUE AS FAMILIAS VINDES Á ESCOLA A CONTARNOS ALGO.
E COMO NON PODÍA SER DE OUTRO XEITO A NOSA FORMA DE AGRADECERLLO É FACENDO UN DEBUXO DO RELATO . E AGORA DISFRUTANDO DESTAS IMAXES.
ANQUE RESULTE PESADO, DE NOVO GRAZAS E MÁIS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E TODOS OS TRABALLOS QUE PASADES PARA VIR A ESTAR UN RATO MOI AGRADABLE CON NÓS.
ANQUE O MEU TRABALLO XA ME GUSTA DE POR SI, É MOI DOADO TRABALLAR TENDO A COLABORACIÓN E O RESPALDO QUE SEMPRE ATOPO EN VÓS.
TAN SOLO GRAZAS.


domingo, 2 de marzo de 2014

"ENTROIDO 2014"

UN ANO MÁIS CHEGA O ENTROIDO  AO " AGRO DO MUIÑO".
DENDE O LUNS 24 ATA O XOVES 27 OS ALUMNO@S ACUDEN AO CENTRO COS COMPLEMENTO QUE O MECO MANDA: 






CHEGOU O VENRES E.......CADA NENO E NENA DINNOS DE QUE VEÑEN DISFRAZADOS E FACMOSLLES UNHA FOTO A TOD@S, QUE ESTABAN GUAPOS E GUAPAS A RABIAR.

sábado, 1 de marzo de 2014

FESTA DO ENTROIDO

ESTE ANO O EQUIPO DE E. INFANTIL DECIDÍU FACER TALLERES EN TODAS AS AULAS : TALLER DE CONTOS, DE PINTURA, DE FACER PULSEIRAS, DE BAILE CON PANOS GRANDES, E  O DE" CANTAJUEGOS" .
NÓS A AULA VERDE EMPEZAMOS NO NOSO QUE ERA O DOS CANTAJUEGOS E LOGO CADA 20 MINUTOS ÍAMOS PASANDO POLOS OUTROS TALLERES.
RESULTOU MOI POSITIVA A EXPERIENCIA E OS NENOS E NENAS ESTIVERON DIVERTINDOSE EN CADA MOMENTO.
LOGO VEU O MOMENTO DAS VIANDAS, DECIRVOS QUE FOSTES MOI XENEROSOS APORTANDO DOCES TÍPICOS DESTA ÉPOCA, COMEMOS UN MONTÓN PARA REPOÑER FORZAS, XA QUE DESPOIS FOMOS AO DESFILE CON TODO O COLEXIO, DESFILAMOS, BAILAMOS UN POUCO E XA DE VOLTA A AULA A DESCANSAR QUE A MAÑAN FOI MOI AXETREADA, PERO MOI DIVERTIDA. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
AQUI VEDES UN POUCO O QUE FOI TODO.

miércoles, 26 de febrero de 2014

"COCORICO"

PATRICIA, A MAMÁ DE GABRIEL, ESCOLLIU  O CONTO DE COCORICO PARA VIR A AULA DENTRO DO PROGRAMA : "FALADOIROS NO MUIÑO".
GUSTOUNO MOITO, VEREDES QUE DEBUXOS MÁIS CHULOS NOS SAIRON.
EMPEZAMOS COA MÚSICA DE PABLO DÍAZ, MOI APROPIADA PARA O COMENZO DE CALQUERA CONTO.
AO REMATE METÍN TAMÉN UNHA PELÍCULA DUN COCORICO QUE FIXERA EU CON OUTROS NENOS E NENAS, E QUE  HAI UNHA IRMÁ ESTE ANO NA NOSA AULA.
UNHA VEZ MÁIS MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.
A DISFRUTARRRRR
<b>

lunes, 24 de febrero de 2014

"UNHA ROSA PARA ROSALÍA"

O 24 DE FEBREIRO SERÍA O ANIVERSARIO DA NOSA ROSALÍA, E NA NOSA ESCOLA FESTEXÁMOLO RECITANDO ALGUNHA POESÍA DE LA, QUE DE SEGURO É  O MELLOR AGASALLO QUE LLE PODEMOS FACER. COÑECER ALGO DA SÚA VIDA E MEMORIZAR UNHA POESÍA NA LINGUA GALEGA.
NÓS LEVAMOS  DÚAS SEMANAS FALANDO UN POUQUIÑO DE ROSALÍA, APRENDERON O SEU NOME, OBSERVAMOS EN FOTOS QUE A CASA DELA  NON ERA COMO É A CASA NA QUE HOXE VIVIMOS: A COCIÑA, A SÚA HABITACIÓN.......A FLOR QUE MÁIS LLE GUSTABA.... E POUCO MÁIS PARA ESTES PÍCAROS DE 3 ANOS.
DO LIBRO " PARECE UNHA ROSA" ESCOLLÍN UNHA ESTROFA PARA MEMORIZAR, PERO TAMEN A DESCOMPUXEMOS EN VERSOS, LOGO EN SÍLABAS E ELES MESMOS, COA MIÑA AXUDA, FORON CAPACES DE VOLVER A COMPOÑELA.
ASI TAMÉN LLES DEI A POESÍA INCOMPLETA, E ELES MESMOS COMPLETARON CON MOI POUCA AXUDA A PALABRAS: NENIÑA/O, NENA/O E ROSA.
TAMEN ILUSTRARON A POESÍA , COLOREARON OS PÉTALOS DUNHA ROSA E FIXEMOS UNHA COMPOSICIÓN COA ROSA E O SEU CORPO, TREMENDOS MODELOS TEÑO DE ALUMNAS E ALUMNOS, SAIRON GUAPOS GUAPOS......
E PARA REMATAR HOXE LUNS 24, RECITAMOS A NOSA POESÍA AOS NENOS E NENAS MAIORES, E TAMÉN NOS SAIU MOI BEN.
TODO ISTO VERÉDELO MELLOR EN IMAXES. ESPERO QUE DISFRUTEDES VENDO O TRABALLO, QUE NÓS DISFRUTÁMOLO FACENDO.
AQUÍ TEÑO QUE DARLLE AS GRAZAS A PROFE PAULA, A COIDADORA OLGA, E TAMÉN A NOEMI ( ALUMNA EN PRÁCTICAS ATA MARZO) SEN A SÚA AXUDA HAI COUSAS QUE NON SERÍAN POSIBLES.

PARECE UNHA ROSA - PULSAR ICONO DE MÚSICA

viernes, 21 de febrero de 2014

"BAJO EL MAR"

ESTE É O TÍTULO DO CONTO QUE O MÉRCORES 19 DE FEBREIRO NOS VEU CONTAR ANA ( MAMÁ DE JAVIER), MOI APROPIADO PARA O TEMA QUE ESTAMOS ESTUDANDO QUE COMO XA SABEDES É A AUGA.
GÚSTANOS MOITO QUE PARTICIPEDES, E SIGO AGRADECÉNDOVOS A VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DA ESCOLA.
NESTA PELÍCULA QUE IDES VER A CONTINUACIÓN AMBIENTEINA UN CACHIÑO COA MÚSICA DE PABLO DÍAZ. AGRADECENDO TAMÉN A MAMÁ DE NOELA A APORTACIÓN A AULA DESTE CD DE MÚSICA.
A DISFRUTARRRRRR...

miércoles, 5 de febrero de 2014

"RICITOS DE ORO"

ESTE É O CONTO QUE MªJESÚS ( CHÚS) MAMÁ DE CARMEN NON VEU A CONTAR HOXE, MÉRCORES 5 DE FEBREIRO, A NÓS E AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 3 ANOS B, PARTICIPANDO ASI NO PROGRAMA  DE FALADOIROS NO MUIÑO.
A VERDADE É QUE CALQUERA CONTO QUE SEXA OS NENOS E NENAS QUEDAN EMBELESADOS, DÁ GUSTO MIRAR PARA ELES O ATENTOS QUE ESTÁN.
O NOSO AGRADECEMENTO SEMPRE.

sábado, 1 de febrero de 2014

30 XANEIRO DÍA DA PAZ

SEMPRE LLE DECIMOS AOS NENOS E NENAS QUE O DÍA DA PAZ TEN QUE SER TODOLOS DÍAS, ANQUE SÓ LLE ADIQUEMOS UN DÍA AO ANO  EN CANTO A CELEBRACIÓN.
ESTE ANO O NOSO COLEXIO QUIXO ADICAR ESTE DÍA A ALGUEN MOI IMPORTANTE, QUE LOITOU MOITO POLOS DEREITOS HUMANOS, QUE ISTO LLE COSTOU ANOS PRIVADO DE LIBERDADE, POR LOITAR POLA LIBERDADE DOS DEMÁIS.
FALAMOS UN POUCO DISTO COS NENOS E NENAS, ANQUE BEN É CERTO QUE CON TRES ANOS NON PODEMOS EXTENDERNOS MOITO.
PERO EXPLICAMOSLLES QUE FOI ESTE SEÑOR, QUE NELSON NON ERA O SEU VERDADEIRO NOME, O QUE LLE PASOU NA ESCOLA, E COMO ERAN OS SEUS MESTRES ETC.
ONTE VENRES  CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ CON UN ACTO NO QUE HOUBO MÚSICA, VÍDEOS DE ENTREVISTAS A MANDELA, ALGO DE TÍTERES E UNHA COREOGRAFÍA FINAL CUNHA CANCIÓN, ADICADA A ÉL.
PODEDES VER UN POUQUIÑO AQUÍ:

jueves, 16 de enero de 2014

CONTO: " A ESCALEIRA"

ESTA SEMANA , A MAMÁ DE DANIELA, RELLES QUIXO PARTICIPAR NO PROGRAMA DE " FALADOIROS DO MUIÑO"  E VEU A CONTARNOS UN CONTO,: " A ESCALEIRA" DA EDITORIAL OQO.
VIÑERON TAMÉN OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 3 ANOS B.
GUSTOUNOS MOITO. ASI QUE UNHA VEZ MÁIS GRAZAS

jueves, 9 de enero de 2014

FELIZ ANO 2014.

FELIZ ANO FAMILIAS.
 ESTAMOS AQUÍ, DE NOVO NA ESCOLA.
DECIRVOS QUE OS NENOS E NENAS TIÑAN GANAS DE VERSE, E CONTAR AS SÚAS COUSIÑAS.
FOI UNHA MAÑAN DE MOITAS SORPRESAS, XA QUE OS REIS MAGOS DEIXÁRONOS ALGÚNS AGASALLOS,  E TAMÉN FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE DANIELA, CON DÚAS TARTAS RIQUÍSIMAS.
ESTABAN TAN EMOCIONADOS AO VER OS REGALOS QUE CASE NON SABÍAN NIN RACHAR OS PAPEIS PARA AVERIGUAR O QUE TIÑAN DENTRO.

  • UNHA CARTA DOS REIS, DECINDO QUE COMO TRABALLARAN TANTO MERECIAN UNS REGALIÑOS. TAMÉN QUE HAI QUE CUMPRIR MELLOR AS NORMAS, FALAMOS MOI ALTO E.....
  • UNHA PEIXEIRA CON DOUS PEIXIÑOS: UN NEGRO E OUTRO LARANXA. POIS TEMOS QUE FALAR BAIXIÑO SENON OS PEIXES IGUAL NOS QUEREN MARCHAR!!!!!!!
  • UNS LIBROS, CONTOS.
  • UNHA CAIXA DE CONSTRUCIÓNS NOVAS.
  • UNS COCHES PARA O RECUNCHO.




                                                                              
 

2 PEIXIÑOS