ESTA SEMANA ADICÁMOLA A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS CO MAGOSTO E O SAMAÍN.
EMPEZAMOS LEVANDO FROITOS (TÍPICOS DESTA ÉPOCA) CARNOSOS E SECOS. OBSERVAMOS, TOCAMOS, ULIMOS.... AROA TRÓUXONOS UNS "KIWITOS", A VERDADE MOI BOS. TRABALLAMOS A LETRA DO ABECEDARIO " C" ( CASTAÑAS, CABAZAS, COGOMELOS), E LEMOS CONTOS RELACIONADOS CON ESTAS FESTAS: " CORRE CORRE CABACIÑA", A CASA DO RATO RENATO" " LA CASTAÑA Y LA CALABAZA".
A METADE DA SEMANA EMPEZARON A CHEGAR CABAZAS, FANTÁSTICAS E MOI SIMPÁTICAS E TRABALLADAS. VISITÁMOLAS VARIAS VECES, E TAMÉN UNHA EXPOSICIÓN DE SETAS E COGOMELOS QUE HOUBO NA BIBLIOTECA.
A SEMANA CHEGABA O SEI FÍN COA FESTA DO MAGOSTO O XOVES 30, FOMOS Ó TREN A RECOLLER AS CASTAÑAS, TIVEMOS BO DÍA PARA COMELAS FÓRA E XOGAR . PARA REMATAR A MAÑÁ FIXEMOS UN MORCEGO PARA ASUSTAR AS FAMILIAS E TAMÉN CANTAMOS E BAILAMOS UN POUCO. E..............ISTO FOI TODO.
MIRADE..MIRADE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario