lunes, 24 de noviembre de 2014

BISCOITO DE OUTONO

A SEMANA PASADA, FALANDO DE ALIMENTOS , PREGUNTEILLES  AOS NENOS E NENAS SE LLES GUSTARÍA QUE FIXÉRAMOS UN BISCOITO NA AULA. A RESPOSTA FOI: SIIIIIII. ENTÓN FALAMOS DE QUE PODERÍA SER O BISCOITO?, E DECÍAN DE FARIÑA, OVOS.....E TAMÉN CON  CASTAÑAS, ( ENTÓN VOLVÍN METER POLO MEDIO O TEMA DOS FROITOS SECOS E CARNOSOS QUE XA TRABALLARAMOS) ETC.
ENTÓN, POR ORDEN DECIDIMOS:

  1.  O NOME DO BISCOITO
  2. INGREDINTES
  3. ELABORACIÓN
  4. DEGUSTACIÓN.         
NOME: " BISCOITO DE OUTONO"
INGREDINTES: OVOS, FARIÑA, IOGUR, ACEITE, AZUCRE, ACEITE CASTAÑAS, NOCES, CHOCOLATE, ZUME DE LARANXA....TODO ISTO O DIXERON AS NENAS E NENOS, E PARECEUME FABULOSO, EU DIXEN QUE TAMÉN PODÍAMOS PORLLE AMENDOA, E LOGO VERÍAMOS AS CANTIDADES.
HOXE LUNS, CHEGOU O DÍA DE FACER O BISCOITO. 
TRAIO AS CANTIDADES DOS INGREDINTES E OS UTENSILIOS NECESARIOS PARA FACER O DOCE NA AULA. TRABALLAREMOS VARIOS CONCEPTOS:
HIXIENE, TEXTO ENUMÉRATIVO ( 1º, 2º,...NÚMEROS E LETRAS), TEXTO EXPLICATIVO ( ELABORACIÓN),  CANTIDADES E MEDIDAS: 3 OVOS, 150GRMS DE FARIÑA...ETC.
TAMÉN VIMOS O CONTO DE " COCORICO" QUE ALGÚNS NENOS TROUXERON, RELACIONADO CON BISCOITO.

NON PODO ESQUECERME DE DAR AS GRAZAS A PROFE PAULA, E A OLGA POLA SÚA AXUDA E COLABORACIÓN .

E O RESULTADO DE TODO ISTO.....TACHÁNNNNNN .

No hay comentarios:

Publicar un comentario