sábado, 15 de marzo de 2014

EXPERIMENTAMOS COA AUGA

OLA FAMILIAS, COMO BEN SABEDES ESTAMOS E ESTAREMOS TRABALLANDO NO PROXECTO DA AUGA ATA FINAL DE CURSO.
FIXEMOS UNHAS EXPERIMENTACIÓNS COA AUGA:

  • POR UN LADO,  FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON AUGA E GOMINOLAS QUE NOS MANDOU  MÓNICA, MAMÁ DE NOELA. CONSISTÍA EN DEIXAR AS GOMINOLAS DE UN DÍA PARA OUTRO EN AUGA, MERCAMOS GOMINOLAS DE DISTINTAS FORMAS: UN OSIÑO, UN COCRODILO, UNHA FLOR E UN PEIXE , FORMULAMOS HIPÓTESES SOBRE O QUE PASARÍA E AO DÍA SEGUINTE VIMOS O RESULTADO ( VEREDES EN FOTOS).
  • LOGO FALAMOS DE QUE NOS GUSTARÍA SABER FABRICAR POMPAS DE XABÓN, E OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A, ONDE ESTÁN OS IRMÁNS DE ÁNGELA E ROI DIXERONNOS E ESCRIBIRONNOS A SÚA RECEITA, PUXÉMOLA EN PRÁCTICA E SAIRONNOS FANTÁSTICAS POMPAS. VEREDES.
  • COMO PARA A VINDEIRA SEMANA, SERÁ O DÍA DA AUGA ( 22 DE MARZO) FAREMOS DISTINTAS ACTIVIDADES COMO:
  1. UNS CONSELLOS PARA COIDAR A AUGA.
  2. CANDO A AUGA A PODEMOS ESCOITAR, SONS DA AUGA( CISTERNA, UNHA FONTE, A CHOIVA, AS ONDAS DO MAR...)
  3. E FIXEMOS UNHA PEQUENIÑA ESCURSIÓN AO REDOR DO COLEXIO, A VER ONDE HABÍA AUGA E ATOPAMOS: UNHA FONTE, UN LAVADOIRO E UN REGATO.
  4. TAMÉN INVENTAMOS ENTRE TODOS UN CONTO, ONDE OS PROTAGONISTAS SON : MAXI E BURBULLA( PEIXES QUE VIVEN NA AUGA).....ISTO AINDA NON O PODEDES VER!!!!!!!!.
AGORA DEIXOVOS QUE DISFRUTEDES DESTAS IMAXES, QUE ANTES XA O FIXEMOS NÓS.!!!

1 comentario: