A SEMANA PASADA, FALANDO DE ALIMENTOS , PREGUNTEILLES AOS NENOS E NENAS SE LLES GUSTARÍA QUE FIXÉRAMOS UN BISCOITO NA AULA. A RESPOSTA FOI: SIIIIIII. ENTÓN FALAMOS DE QUE PODERÍA SER O BISCOITO?, E DECÍAN DE FARIÑA, OVOS.....E TAMÉN CON CASTAÑAS, ( ENTÓN VOLVÍN METER POLO MEDIO O TEMA DOS FROITOS SECOS E CARNOSOS QUE XA TRABALLARAMOS) ETC.
ENTÓN, POR ORDEN DECIDIMOS:
- O NOME DO BISCOITO
- INGREDINTES
- ELABORACIÓN
- DEGUSTACIÓN.
NOME: " BISCOITO DE OUTONO"
INGREDINTES: OVOS, FARIÑA, IOGUR, ACEITE, AZUCRE, ACEITE CASTAÑAS, NOCES, CHOCOLATE, ZUME DE LARANXA....TODO ISTO O DIXERON AS NENAS E NENOS, E PARECEUME FABULOSO, EU DIXEN QUE TAMÉN PODÍAMOS PORLLE AMENDOA, E LOGO VERÍAMOS AS CANTIDADES.
HOXE LUNS, CHEGOU O DÍA DE FACER O BISCOITO.
TRAIO AS CANTIDADES DOS INGREDINTES E OS UTENSILIOS NECESARIOS PARA FACER O DOCE NA AULA. TRABALLAREMOS VARIOS CONCEPTOS:
HIXIENE, TEXTO ENUMÉRATIVO ( 1º, 2º,...NÚMEROS E LETRAS), TEXTO EXPLICATIVO ( ELABORACIÓN), CANTIDADES E MEDIDAS: 3 OVOS, 150GRMS DE FARIÑA...ETC.
TAMÉN VIMOS O CONTO DE " COCORICO" QUE ALGÚNS NENOS TROUXERON, RELACIONADO CON BISCOITO.
NON PODO ESQUECERME DE DAR AS GRAZAS A PROFE PAULA, E A OLGA POLA SÚA AXUDA E COLABORACIÓN .
E O RESULTADO DE TODO ISTO.....TACHÁNNNNNN .