ESTA SEMANA PASCUALA, A NOSA MASCOTA DEIXOUNOS UN CONTO SOBRE O OUTONO, QUE TEN POR TÍTULO: "A SEÑORA DO OUTONO". CONTA QUE É UNHA SEÑORA QUE VAI VISITANDO ÓS COLEXIOS E TAMÉN TRAE: VENTO, FOLLAS, CHOIVA....TEN UNHA SAIA CHEA DE BOLSILLOS E EN CADA UN UNHA FOTO DE TEMÁTICAS DO OUTONO. OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS QUIXEMOS FACER A NOSA SRA PARTICULAR DO OUTONO E ASI FOI, PERO ISO PODEREDELO VER A PARTIRES DE MAÑAN NO BLOG QUE TEMOS O CICLO DE E.INFANTIL....agromuinoinf@gmail.com. DECIRVOS TAMÉN QUE AS FOTOS DOS ANIVERSARIOS DE CADA MES ESTÁN PUBLICADAS NO BLOG DO CICLO, ASI COMO ACTIVIDADES QUE FACEMOS EN CONXUNTO. COMO: SAMAÍN, MAGOSTO, SAIDAS ETC....
COMO DECÍA ANTES UN DOS BOLSILLOS DA SRA DO OUTONO TEN UNHA FOTO DUNHA CASTAÑA, E ASI TRABALLAMOS TODA A SEMANA SOBRE ISTO PARA REMATAR O VENRES COA FESTA DO MAGOSTO.
FIXEMOS ACTIVIDADES COMO: PRESENTAR A PROTAGONISTA DO MAGOSTO, COMO É E COMO SECHAMA A ÁRBORE QUE DÁ CASTAÑAS, OS OURIZOS( VER, TOCAR), COMO SON AS CASTAÑAS( DURAS, BRANDAS, SUAVES.....).FIXEMOS UNHA CASTAÑA CON TÉMPERA, PERSONALIZÁMOLA E LOGO CUNHA CINTA DE CARTOLINA CONVERTÍMOLA EN COROA PARA A FESTA DO VENRES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario