viernes, 1 de noviembre de 2013

CHEGOU O SAMAÍN Ó AGRO DO MUIÑO

ESTIMADAS FAMILIAS, DURANTE ESTA SEMANA ESTIVEMOS FACENDO ACTIVIDADES RELACIONADAS CO SAMAÍN.( AINDA QUE NOUTROS LUGARES LLE CHAMEN HALLOWEN).
O SAMAÍN, ANTIGA FESTIVIDADE CELEBRADA POLOS CELTAS CANDO FINALIZABA O TEMPO DAS COLLEITAS, ERA MOI HABITUAL POLAS VÉSPERAS DE DEFUNTOS COLLER CABAZAS E FACER CON ELAS CARAS ATERRADORAS, ÁS QUE SE LLE POÑÍA DENTRO UNHA CANDEA ACESA E COLOCÁBANSE EN VALADOS E EN CRUCES DE CAMIÑOS PARA ASUSTAR A XENTE.
POLO TANTO É UNHA ÉPOCA DE FALAR DE CABAZAS, DISFRAZALAS .......É TEMPO DE FALAR DE COUSAS QUE NOS DAN MEDO.
NA ESCOLA ESTIVEMOS FALANDO DE: QUÉ NOS DÁ MEDO? CÓMO ACTUAMOS ANTE ESTA EMOCIÓN, QUÉ PODEMOS FACER PARA NON TER MEDO? ETC. HOUBO UNHA NENA QUE DIXO: " TENGO MIEDO A LOS MONSTRUOS".ENTRE TODOS NA ASAMBLEA DESCRIBIMOS OS MONSTROS, AS SÚAS CARACTERÍSTICAS ETC,  E FIXEMOS CADAUN SEU E TAMÉN UNS MONSTROS DE CORES ENTRE TODOS. TAMÉN FALAMOS DE OUTRO ELEMENTO QUE DÁ MEDO.......".AS  PANTASMAS" E FIXEMOS UNHAS ESTAMPANDO AS NOSAS MANS CON TÉMPERA BRANCA EN CARTOLINAS NEGRAS.....DESPOIS CADA NENO E NENA PÚXOLLE OS ATREZOS QUE MÁIS LLES APATECÍAN.
RELACIONADO CON ISTO, LEMOS O  CONTO  : " CORRE CORRE CABACIÑA", DIALOGAMOS SOBRE: AS PERSONAXES, QUE PASABA NO CONTO..... ESCOITAMOS A CANCIÓN, VISIONAMOS O CONTO NA PIZARRA DIXITAL E FIXEMOS UNHA FICHIÑA REFERIDA A ESTE CONTO.
HOUBO NENOS E NENAS QUE TROUXERON CABAZAS DISFRAZADAS DA TEMÁTICA RELACIONADA CO PROXECTO QUE ESTE ANO LEVAMOS A CABO, REFERIDO A AUGA.
VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MONSTROS, E DE CABAZAS EXPOSTAS NO CORREDOR DO COLEXIO, E XA O ÚLTIMO DÍA FOMOS VER COMO ARDÍAN AS CANDEAS DENTRO DAS CABAZAS POLAS ESCALEIRAS DO COLEXIO.
UNHA VEZ MÁIS DÁRVOS AS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN.
AGORA TODO ISTO VÉMOLO EN FOTOS E ACOMPAÑADAS DA MÚSICA DE MAMÁ CABRA.

2 comentarios:

  1. Grazas profe MERCEDES por poñer entusiasmo, interese e facer que a escola sexa motivadora. Nos tempos que corren non é doado. E grazas por abrir esta xanela e deixarnos ver un pouquiño o facer dos nosos fillos contigo. Saudos.

    ResponderEliminar
  2. OLA NENAS E NENOS DE INFANTIL A DE AGRO DO MUÍÑO. DESDE LOUSAME ESTAMOS ENCANTADOS DE VER OS VOSOS TRABALLOS. TEMOS MOITAS GANAS DE EMPEZAR A CONTARVOS COUSIÑAS POR CARTA. PARABÉNS POR ESES MONSTROS TAN SUPERGUAIS, A TODOS NOS ENCANTARON

    ResponderEliminar