COMO XA COMENTEI CANDO FALEI DA SRA DO OUTONO, QUE TIÑA A SAIA CHEA DE PETOS NA QUE GARDABA TEMÁTICAS RELACIONADAS CO OUTONO, DESTA VEZ NO PETO TIÑA UNS DEBUXOS DE FROITOS DO OUTONO, ASIQUE ENSEGUIDA NOS PUXEMOS A TRABALLAR.
PRIMEIRO NA ASAMBLEA, MERCEDES PREGUNTA:
- SABEDES CALES PODEN SER FROITOS DO OUTONO??? E QUE SEXAN CARNOSOS??
- CALES SON OS VOSOS FROITOS PREFERIDOS??
ANOTEI TODO NA LIBRETA, E CADA NENO E NENA COLOREARON DOUS DOS FROITOS QUE DIXERAN E PEGÁMOLOS NUNHA FICHA.
TAMÉN O MÉRCORES ESTIVEMOS MIRANDO, ULINDO, TOCANDO, CLASIFICANDO AS FROITAS QUE TIÑAN QUE TRAER DA CASA. ( GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN). E TODO ISTO CULMINOU COA FESTA DAS FROITAS EN BROCHETAS.
TAMÉN VISIONAMOS OS VIDEOS E CANCIÓNS DOS " FRUITIS"
PUIDEN FACER AS BROCHETAS TAMÉN GRAZAS A COLABORACIÓN DE PAULA (PROFE DE APIO) E OLGA (A COIDADORA DE ANTÓN.)
E.......ASI NOS QUEDOU E TIVEMOS UNHA MERENDA RICA, RICA E MOI SAUDABLE.
MIRADEEEE!!!!!!