miércoles, 26 de junio de 2013

VAMOS BEBENDO!!!!!!!! "TRES PITAS BRANCAS E UN GALO NEGRO"

DURANTE O 2º E 3º TRIMESTRE TRABALLAMOS UNHA POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO:" VAMOS BEBENDO" ( QUE NÓS TITULAMOS TRES PITAS BRANCAS E UN GALO NEGRO), DO LIBRO CANTARES GALLEGOS, CELEBRÁNDOSE ESTE ANO O 150 ANIVERSARIO DA SÚA PUBLICACIÓN.
POUCO A POUCO FOMOS APRENDENDO A POESÍA, ILUSTRÁMOLA, RECITÁMOLA TANTO PARA A RADIO DE AMES COMA PARA OS NENOS E NENAS DE TODO O COLE NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. APRENDEMOS ALGUNHA COUSIÑA DA VIDA DE ROSALÍA: ONDE VIVIÚ, A QUE SE ADICABA, EN QUE LINGUA FALABA....ETC APARTE DE ILUSTRAR AS ESTROFAS TAMÉN FIXEMOS UN GALO NEGRO E UNHA PITA BRANCA PARA LEVAR PARA AS NOSAS CASAS, E ASÍ TRABALLAMOS CON DISTINTOS MATERIAIS E TEXTURAS COMO: ( CARTULINAS, FIELTRO, PLUMAS ETC)..E COMO CÚMIO DE TODO ISTO FIXEMOS UNHA VISITA A CASA NA QUE VIVIÚ EN PADRÓN, VIAXAMOS EN AUTOBÚS ( A PROFE MERCEDES DOUNOS UNS OSIÑOS DE GOMINOLA PARA O MAREO E FUNCIONOU DE MARAVILLA) E AO CHEGAR A CERCA DA CASA MUSEO BAIXAMOS E FOMOS DANDO UN PEQUENO PASEIÑO E POIDEMOS VER NUNHA HORTA NA QUE ESTABAN ALÍ AS PITAS E O GALO, HABÍA MÁIS CA PITAS BRANCAS, TAMÉN ERAN MARRÓN, PERO O IMPORTANTE FOI VELAS.... E TANTO!!!!!!!!!
LOGO  XA NA CASA DE ROSALÍA DEMOS UN PASEO POLO XARDÍN E  NUN AUDITORIO EXPLICARONNOS CUN VIDEO ANIMADO COUSAS DA VIDA DE ROSALÍA, LOGO PASAMOS AS DEPENDENCIAS DA CASA: COCIÑA( NADA PARECIDA A DA NOSA CASA), SALÓN, HABITACIÓNS, NA HABITACIÓN DE ROSALÍA HABÍA UNHA CANDEA ENRIBA DA MESITA DE NOITE ( HOY EN DÍA TENEMOS LÁMPARAS DECÍAN) E UNHA ROSA NA ALMOFADA, TAMÉN UNHA BIBLIOTECA, UN PIANO PEQUENO," OS MOBLES ERAN TODOS DE COLOR MARRÓN OSCUROS" TAMÉN DIXERON, E FALTOU UNHA COUSA....................NON HABÍA CUARTO DE BAÑO.
MERENDAMOS (NO SEU XARDÍN CON CAMELIAS, E ALGUNHA ROSA), FOI UNHA MERENDA ESPECIAL: GALLETAS CON CHOCOLATE, PERO HABÍA QUE REPOÑER FORZAS,  LOGO XOGAMOS UN POUQUIÑO E VOLTA AO COLE. FOI UN DÍA DISTINTO SIN DÚBIDA E O COMPORTAMENTO XENIAL, E TODO SAIÚ ESTUPENDO,  A PROFE CARMUCHA CON NÓS AXUDANDONOS  POLO QUE TAMÉN LLE DAMOS AS GRAZAS . BUENO FAMILIAS UNHA VEZ MÁIS NORABOA POLOS FILLOS E FILLAS QUE TENDES.  
APRENDEMOS A POESÍA E RECITÁMOLA:

1 comentario:

  1. emocionante a primeira escursion,un dia especial e moi bonito.grazas.
    pais de Ruben

    ResponderEliminar