ESTA SEMANA ESTIVEMOS FALANDO DO CHOCOLATE, SE SABIAN O QUE ERA E DIXERON UN ALIMENTO, QUE SALÍA DUNHA ÁRBORE ENTÓN ERA DE ORIXE VEXETAL.
BUSCAMOS EN GOOGLE A ÁRBORE DO CACAO, VIMOS O FROITO E COMO DENTRO TEN OS GRAN, QUE LOGO SE SECAN, MÓENSE E CANDO SE MESTURA CON AZUCRE...FÁISE O CHOCOLATE.
COMO TAMÉN TRABALLAMOS O INVERNO E FIXO FRÍO ESTES DÍAS PROPÚNXENLLES SE LLES GUSTARÍA QUE FIXERAMOS NA AULA UN CHOCOLATE PERO QUENTE, PARA BEBER, QUE ENSEGUIDA DIXERON QUE SI. ELES DECÍAN CON CHURROS, PERO XA LLES EXPLIQUEI QUE PARA FACER OS CHURROS HABIA QUE LEVAR SARTEN, ACEITE E PODERÍA SER MÁIS PERIGOSO, EU PROPÚXENLLE CON ROSCA( QUE MA TROUXO OLGA FRESQUIÑA DA PANADERÍA) ACEPTARON. ASI O MÉRCORES FIXEMOS ENTRE TODOS E TODAS O CHOCOLATE CON LEITE E ROSCA. VEREDES.
COMO SEMPRE FAMILIAS, A DISFRUTAR VÓS QUE NÓS XA O FIXEMOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario