jueves, 29 de enero de 2015

CHOCOLATE QUENTE

 ESTA SEMANA ESTIVEMOS FALANDO DO CHOCOLATE, SE SABIAN O QUE ERA E DIXERON UN ALIMENTO, QUE SALÍA DUNHA ÁRBORE ENTÓN ERA DE ORIXE VEXETAL.
BUSCAMOS EN GOOGLE A ÁRBORE DO CACAO, VIMOS O FROITO E COMO DENTRO TEN OS GRAN, QUE LOGO SE SECAN, MÓENSE E CANDO SE MESTURA CON AZUCRE...FÁISE O CHOCOLATE.
COMO TAMÉN TRABALLAMOS O INVERNO E FIXO FRÍO ESTES DÍAS PROPÚNXENLLES SE LLES GUSTARÍA QUE FIXERAMOS NA AULA UN CHOCOLATE PERO QUENTE, PARA BEBER, QUE ENSEGUIDA DIXERON QUE SI. ELES DECÍAN CON CHURROS, PERO XA LLES EXPLIQUEI QUE PARA FACER OS CHURROS HABIA QUE LEVAR SARTEN, ACEITE E PODERÍA SER MÁIS PERIGOSO, EU PROPÚXENLLE CON ROSCA( QUE MA TROUXO OLGA FRESQUIÑA DA PANADERÍA)  ACEPTARON. ASI O MÉRCORES FIXEMOS ENTRE TODOS E TODAS O CHOCOLATE CON LEITE E ROSCA. VEREDES.
COMO SEMPRE  FAMILIAS, A DISFRUTAR VÓS QUE NÓS XA O FIXEMOS.

miércoles, 21 de enero de 2015

"A SOPA QUEIMA"

ESTE É O TÍTULO DO CONTO QUE KATY A MAMÁ DE NICOLÁS NOS VEU A CONTAR DENTRO DO PROGRAMA " FALADOIROS NO MUIÑO" QUE A BIBLIOTECA DO COLE PROPÓN CADA ANO.
INVITAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 4 ANOS B.
O CONTO GUSTOUNOS MOITO, E NOS NON PROBAMOS SOPA QUENTE, SENON ......UMMMMMM UN BISCOITO RIQUÍSIMO, QUE O MESMO NICOLÁS COMPARTIÚ CONNOSCO A RECEITA, E COAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE 4 ANOS B UN BISCOITO, SISI 2 BISCOITOS TROUXO KATY.MOITAS  GRAZAS.
EMPEZAMOS SEMPRE O CONTO COA MÚSICA DE PABLO DÍAZ.
A DISFRUTAR FAMILIAS, QUE NÓS XAO FIXEMOS.

jueves, 8 de enero de 2015

AGASALLOS DOS REIS MAGOS

>CANDO OS REIS MAGOS VISITARON O COLEXIO, ENTREGUEILLES UNHA CARTA PEDINDOLLES ALGÚN AGASALLO PARA A AULA HOXE CANDO CHEGAMOS, ATOPAMOS UNS AGASALLOS E TAMÉN A RESPOSTA Á CARTA, NA QUE ENTRE OUTRAS COUSIÑAS DECÍA QUE HABÍA QUE CUMPRIR MELLOR AS NORMAS, SENON OS REGALIÑOS IRÍAN PARA A OUTROS NENENOS >GUSTARONLLES E ESTIVERON DISFRUTANDO UN POUCO DELES, PORQUE SON UNS NENOS E NENAS FABULOSOS, MARAVILLOSOS E CON MOI BÓ CORAZÓN, PERO SON NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS.