OLA FAMILIAS, COMO BEN SABEDES ESTAMOS E ESTAREMOS TRABALLANDO NO PROXECTO DA AUGA ATA FINAL DE CURSO.
FIXEMOS UNHAS EXPERIMENTACIÓNS COA AUGA:
- POR UN LADO, FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON AUGA E GOMINOLAS QUE NOS MANDOU MÓNICA, MAMÁ DE NOELA. CONSISTÍA EN DEIXAR AS GOMINOLAS DE UN DÍA PARA OUTRO EN AUGA, MERCAMOS GOMINOLAS DE DISTINTAS FORMAS: UN OSIÑO, UN COCRODILO, UNHA FLOR E UN PEIXE , FORMULAMOS HIPÓTESES SOBRE O QUE PASARÍA E AO DÍA SEGUINTE VIMOS O RESULTADO ( VEREDES EN FOTOS).
- LOGO FALAMOS DE QUE NOS GUSTARÍA SABER FABRICAR POMPAS DE XABÓN, E OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A, ONDE ESTÁN OS IRMÁNS DE ÁNGELA E ROI DIXERONNOS E ESCRIBIRONNOS A SÚA RECEITA, PUXÉMOLA EN PRÁCTICA E SAIRONNOS FANTÁSTICAS POMPAS. VEREDES.
- COMO PARA A VINDEIRA SEMANA, SERÁ O DÍA DA AUGA ( 22 DE MARZO) FAREMOS DISTINTAS ACTIVIDADES COMO:
- UNS CONSELLOS PARA COIDAR A AUGA.
- CANDO A AUGA A PODEMOS ESCOITAR, SONS DA AUGA( CISTERNA, UNHA FONTE, A CHOIVA, AS ONDAS DO MAR...)
- E FIXEMOS UNHA PEQUENIÑA ESCURSIÓN AO REDOR DO COLEXIO, A VER ONDE HABÍA AUGA E ATOPAMOS: UNHA FONTE, UN LAVADOIRO E UN REGATO.
- TAMÉN INVENTAMOS ENTRE TODOS UN CONTO, ONDE OS PROTAGONISTAS SON : MAXI E BURBULLA( PEIXES QUE VIVEN NA AUGA).....ISTO AINDA NON O PODEDES VER!!!!!!!!.