O 24 DE FEBREIRO SERÍA O ANIVERSARIO DA NOSA ROSALÍA, E NA NOSA ESCOLA FESTEXÁMOLO RECITANDO ALGUNHA POESÍA DE LA, QUE DE SEGURO É O MELLOR AGASALLO QUE LLE PODEMOS FACER. COÑECER ALGO DA SÚA VIDA E MEMORIZAR UNHA POESÍA NA LINGUA GALEGA.
NÓS LEVAMOS DÚAS SEMANAS FALANDO UN POUQUIÑO DE ROSALÍA, APRENDERON O SEU NOME, OBSERVAMOS EN FOTOS QUE A CASA DELA NON ERA COMO É A CASA NA QUE HOXE VIVIMOS: A COCIÑA, A SÚA HABITACIÓN.......A FLOR QUE MÁIS LLE GUSTABA.... E POUCO MÁIS PARA ESTES PÍCAROS DE 3 ANOS.
DO LIBRO " PARECE UNHA ROSA" ESCOLLÍN UNHA ESTROFA PARA MEMORIZAR, PERO TAMEN A DESCOMPUXEMOS EN VERSOS, LOGO EN SÍLABAS E ELES MESMOS, COA MIÑA AXUDA, FORON CAPACES DE VOLVER A COMPOÑELA.
ASI TAMÉN LLES DEI A POESÍA INCOMPLETA, E ELES MESMOS COMPLETARON CON MOI POUCA AXUDA A PALABRAS: NENIÑA/O, NENA/O E ROSA.
TAMEN ILUSTRARON A POESÍA , COLOREARON OS PÉTALOS DUNHA ROSA E FIXEMOS UNHA COMPOSICIÓN COA ROSA E O SEU CORPO, TREMENDOS MODELOS TEÑO DE ALUMNAS E ALUMNOS, SAIRON GUAPOS GUAPOS......
E PARA REMATAR HOXE LUNS 24, RECITAMOS A NOSA POESÍA AOS NENOS E NENAS MAIORES, E TAMÉN NOS SAIU MOI BEN.
TODO ISTO VERÉDELO MELLOR EN IMAXES. ESPERO QUE DISFRUTEDES VENDO O TRABALLO, QUE NÓS DISFRUTÁMOLO FACENDO.
AQUÍ TEÑO QUE DARLLE AS GRAZAS A PROFE PAULA, A COIDADORA OLGA, E TAMÉN A NOEMI ( ALUMNA EN PRÁCTICAS ATA MARZO) SEN A SÚA AXUDA HAI COUSAS QUE NON SERÍAN POSIBLES.
PARECE UNHA ROSA - PULSAR ICONO DE MÚSICA
PARECE UNHA ROSA - PULSAR ICONO DE MÚSICA
TAN SOLO CHE PODEMOS DECIR GRAZAS, GRAZAS POLO TEU ÁNIMO, POLO BO FACER. E MOITO ÁNIMO PARA SEGUIR TRABALLANDO ASI. OS NOSOS FILLOS SON MOI AFORTUNADOS.
ResponderEliminar