NESTE TRIMESTRE TRABALLAMOS A FIGURA XEOMÉTRICA DO CÍRCULO.
FIXÉMOLO PARTINDO DO QUE ELES SABEN, EN CONVERSAS QUE FACEMOS NA ASAMBLEA ( QUÉ SABEMOS), LOGO DE TOMAR AS ANOTACIÓNS,XOGAMOS A BUSCAR CÍRCULOS NA NOSA AULA, DESPOIS NO PATIO, E NOUTROS ESPAZOS DO COLE.
APARTIRES DISTO, UTILIZO A LÁMIA DE KANDINSKY" CÍRCULOS CONCÉNTRICOS", E DIALOGAMOS SOBRE ELA; QUÉ VEMOS?, AS CORES SON ALEGRES?, SON FRÍAS OU CÁLIDAS.....A QUE ULEN ESAS CORES? ETC..
ESTE TRABALLO PARTE UN POUCO DUNHA HISTORIA DO CÍRCULO VISTA EN IMTERNET, ANQUE NÓS FÍXEMOLA AO NOSO XEITO.
O CÍRCULO CANSO DE ESTAR SEMPRE NO CADRO, DECIDE MARCHAR E PERCORRER AVENTURAS, E OS NENOS E NENAS VAN REPRESENTANDO ESAS AVENTURAS E TRANSFORMANDO Ó CÍRCULO . UTILIZAMOS DISTINTAS TÉCNICAS PLÁSTICAS, MOITOS MATERIAIS, TRABALLAMOS AS TEXTURAS ETC.
A VERDADE É QUE NOS DOU TRABALLO PERO QUEDOUNOS MOI BONITO, TANTO QUE FIXEMOS UN ENTRE TODOS PARA MANDARLLES AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE LOUSAME, E OUTRO PARA A NOSA AULA.
TAMÉN ISTO FOI GRAZAS A PROFE PAULA E A COIDADORA DE ANTÓN QUE TAMÉN CANDO PODE NOS AXUDA.
UNS DÍAS MÁIS TARDE ALGÚNS NENOS E NENAS MÁIS ATREVIDOS, QUIXERON CONTAR ELES MESMOS A " HISTORIA DO CÍRCULO"
MIRADE E ESCOITADE BEN!!!! NON ESQUEZADES QUE TEÑEN 3 ANOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario