sábado, 21 de diciembre de 2013

AS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS VISITAN Ó NOSO COLE

OLA FAMILIAS, ONTE VENRES 20 DE DECEMBRO, TIVEMOS UNHA VISITA MOI MOI ESPECIAL. OS REIS MAGOS QUIXERON PASAR POLO NOSO COLEXIO A RECOLLER PERSONALMENTE UNHAS CARTAS QUE FIXERON AS NENAS E NENOS, TAMÉN NOS DERON UNS GUSANIÑOS E UNHA PIRULETA.
EMOCIONÁMONOS MOITO, ALGÚNS INCLUSO NON QUERÍAN ACHEGARSE A ELES, CLARO SON OS REIS MAGOS!!!!!!.
FALARON CON NÓS, E ATA CANTAMOS E BAIALMOS TODOS XUNTOS UN VILLANCICO. FORON UNS REIS MOI ANIMADOS, AOS CALES LLES DAMOS AS GRAZAS POR VIR A VISITARNOS.
TAMÉN A PROFE NOS MERCOU COUSIÑAS PARA FACER UNHA MERENDA DIFERENTE.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

FALADOIROS NO MUIÑO

"FALADOIROS NO MUIÑO "  FORMA PARTE DO PROXECTO DE CENTRO, DENTRO DA BIBLIOTECA. O SEU OBXETIVO PRINCIPAL E IMPLICAR  A COMUNIDADE EDUCATIVA O MÁXIMO POSIBLE NO CENTRO,  CONTANDO EXPERIENCIAS RELACIONADAS CO PROXECTO QUE SE TRABALLA CADA ANO. TAMÉN LENDAS, CONTOS, ETC...TEÑAN RELACIÓN OU NON. ISTO TAMÉN FORMA PARTE DO NOSO PROXECTO LECTOR COMO ANIMACIÓN A LECTURA.
ANA FERRER, A MAMÁ DE NOA, VEU A CONTARNOS UN CONTO: " A QUÉ SABE A LÚA?? , INVITAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS DE 3 ANOS B DA AULA AMARELA, E GUSTOUNOS MOITO MOITO.
ANA TA MÉN TROUXO UNS DOCES PARA QUE SOUBERAMOS A QUÉ SABÍA A LÚA  MMMMM!!!! ERAN BISCOITOS CON CHOCOLATE, RICO...
DESPOIS  DE TER CLARO A QUE SABE A LÚA, FIXEMOS UNS DEBUXO DO CONTO E.....       .A VERDADE É QUE SAIUNOS MOI MOI BEN, XA VEREDES, E TAMÉN QUIXEMOS FACER ENTRE TODOS E TODAS UN PARA ANA, QUE O TEÑA NA SÚA CASA E SE ACORDE DE NÓS.
XA SEI QUE HAI ALGUNHA FAMILIA QUE VIRÁ Á VOLTA DAS VACACIÓNS, AINDA ASÍ ESPERAMOS QUE VOS ANIMEDES, PASARÉMOLO MOI BEN, NON TEÑADES MEDO.
GRAZAS E ........A DISFRUTAR UN RATIÑO.

sábado, 14 de diciembre de 2013

HISTORIA DUN CÍRCULO

NESTE TRIMESTRE TRABALLAMOS A FIGURA XEOMÉTRICA DO CÍRCULO.
FIXÉMOLO PARTINDO DO QUE ELES SABEN, EN CONVERSAS QUE FACEMOS NA ASAMBLEA ( QUÉ SABEMOS), LOGO DE TOMAR AS ANOTACIÓNS,XOGAMOS A BUSCAR CÍRCULOS NA NOSA AULA, DESPOIS NO PATIO, E NOUTROS ESPAZOS DO COLE.
APARTIRES DISTO, UTILIZO A LÁMIA DE KANDINSKY" CÍRCULOS CONCÉNTRICOS", E DIALOGAMOS SOBRE ELA; QUÉ VEMOS?, AS CORES SON ALEGRES?, SON FRÍAS OU CÁLIDAS.....A QUE ULEN ESAS CORES? ETC..
ESTE TRABALLO PARTE UN POUCO DUNHA HISTORIA DO CÍRCULO VISTA EN IMTERNET, ANQUE NÓS FÍXEMOLA AO NOSO XEITO.
O CÍRCULO CANSO DE ESTAR SEMPRE NO CADRO, DECIDE MARCHAR E PERCORRER AVENTURAS, E OS NENOS E NENAS VAN REPRESENTANDO ESAS AVENTURAS E TRANSFORMANDO Ó CÍRCULO . UTILIZAMOS DISTINTAS TÉCNICAS PLÁSTICAS, MOITOS MATERIAIS, TRABALLAMOS AS TEXTURAS ETC.
A VERDADE É QUE NOS DOU TRABALLO PERO QUEDOUNOS MOI BONITO, TANTO QUE FIXEMOS UN ENTRE TODOS PARA MANDARLLES AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE LOUSAME, E OUTRO PARA A NOSA AULA.
TAMÉN ISTO FOI GRAZAS A PROFE PAULA E A COIDADORA DE ANTÓN QUE TAMÉN CANDO PODE NOS AXUDA.


  UNS DÍAS MÁIS TARDE ALGÚNS NENOS E NENAS MÁIS ATREVIDOS, QUIXERON CONTAR ELES MESMOS A " HISTORIA DO CÍRCULO" MIRADE E ESCOITADE BEN!!!! NON ESQUEZADES QUE TEÑEN 3 ANOS.

viernes, 13 de diciembre de 2013

CORRESPONDENCIA DO " CP. CERNADAS DE CASTRO"

OLA FAMILIAS, ONTE XOVES CHEGOUNOS CORRESPONDENCIA DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE LOUSAME. MANDÁRONNOS  UNHA FELICITACIÓN PARA O NADAL E UN LIBRO ILUSTRANDO UNHA CANCIÓN DO GRUPO: "MIGALLAS" CUN CD QUE NOS GUSTOU MOITÍSIMO. 
ESTE LIBRO FAREI QUE POIDADES VELO, LEVANDO CADA DÍA UN NENO OU NENA, PERO HAI QUE LEVALO DE VOLTA PARA A ESCOLA Ó DÍA SEGUINTE E TRATALO CON MOITO COIDADO.
MIRADE: