sábado, 26 de octubre de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


O 24 DE OUTUBRO FOI O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. DURANTE ESTA SEMANA LEVÁRONSE ACABO VARIAS ACTIVIDADES REFERIDAS A BIBLIOTECA DA ESCOLA :

  • VÍSITAMOS A BIBLIOTECA E COÑECEMOS A MASCOTA:" LEOPOLDO"UN TRASNO QUE COIDA E VIXÍA QUE TODO ESTEA EN ORDEN
  •  CARMUCHA( COORDINADORA DA BIBLIO) E LEOPOLDO, LERONNOS E ENSINÁRONNOS AS NORMAS DA BIBLIOTECA.
  • VISIONAMOS UN VÍDEO DOS BOLECHAS, REFERIDO A ESTE TEMA.
  • LEOPOLDO ATRAVÉS DE CARMUCHA  DOUNOS A MOCHILA VIAXEIRA QUE IRÁ AS CASAS CADA SEMANA.
A MOCHILA XA EMPEZOU A VIAXAR POLAS CASAS, CADA NENO OU NENA LEVARANA UN VENRES, E TRAERANA DE VOLTA O XOVES DA SEMANA SEGUINTE.
ESA MOCHILA VAI CARGADA DE SORPRESAS, E ESPERAMOS QUE TODAS AS FAMILIAS COIDEN E RESPETEN O MATERIAL QUE CONTEN, XA QUE TEN QUE PASAR POR 25 CASAS, E LOGO PARA A BIBLIOTECA DA AULA.

 LEOPOLDO  CO SEU LIBRO DE NORMAS


 VÍDEO DOS BOLECHAS
 TODOS OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS





CARMUCHA ENTREGALLE A MOCHILA A ROI, PORQUE ESE DÍA ERA ROI O ENCARGADO.

viernes, 11 de octubre de 2013

" CONTO DOS TRES PORQUIÑOS"

O MOMENTO DA INCORPORACIÓN DOS ALUMNOS/AS Á ESCOLA, É DIFICIL POLO QUE SUPÓN A SEPARACIÓN DO NENO E NENA DA FAMILIA, E A ADAPTACIÓN A UN NOVO CENTRO, A UNS NOVOS COMPAÑEIROS E ÁS MESTRAS E MESTRES. POR ISTO UTILIZAMOS OS CONTOS COMO ELEMENTOS  MOTIVADORES PARA A INTEGRACIÓN.

O CONTO É UN MEDIO SINXELO E MOI EFICAZ PARA ESTABLECER UNHA CORRENTE DE AFECTO E CONFIANZA ENTRE O NARRADOR ( A MESTRA) E O AUDITORIO ( ALUMNADO). ADEMÁIS OS CONTOS PREPARAN PARA A VIDA E FACILITAN A ESTRUCTURACIÓN TEMPORAL NA MENTE INFANTIL.
DURANTE OS 1ºS DÍAS DO P.DE ADAPTACIÓN FÍXOSE UNHA SONDAXE PARA SABER CALES ERAN OS CONTOS QUE MÁIS LLE GUSTABAN, É UN DELES.........................:" OS TRES PORQUIÑOS.
EMPEZAMOS CONTANDO O CONTO E MIRANDO A PELÍCULA NO ORDENADOR, UNHA VEZ PROGRAMADO POLAS MESTRAS COMENZAMOS A FACER O CONTO, CADA NENO O SEU, E LOGO FAREMOS UN CONTO COLECTIVO PARA MANDARLLES AOS NOSOS AMIGOS DE LOUSAME.
DE MOMENTO O QUE TEMOS DO CONTO É ISTO, PARA QUE VOS VAIADES FACENDO UNHA IDEA DE COMO NOS ESTÁ QUEDANDO.  MIRADE, MIRADE:

O AGASALLO DE PASCUALA

HOXE CANDO CHEGAMOS A AULA ATOPÁMONOS CUNHA SORPRESA.....PASCUALA TIÑA UN AGASALLO . MERCEDES QUIXO QUE PRIMEIRO FIXÉRAMOS AS RUTINAS   ( O/A ENCARGAD@ NOMEA AOS COMPAÑEIROS, BUSCAMOS O NOME DO DÍA DE HOXE, RODEAMOS O Nº DO DÍA, MIRAMOS O TEMPO ETCCC..) COMO CADA DÍA, E LOGO ABRIRÍAMOS O PAQUETE,  E ASÍ FOI.
CANDO CHEGOU O MOMENTO DA EMOCIÓN, A PROFE PREGUNTA: QUÉ FORMA TEN??, ALGUÉN DIXO: " CUADRADO", E  SERÁ BRANDO OU DURO ?( GOLPEANDO A PROFE O AGASALLO) DÍN: " DURO"
RACHAMOS O PAPEL E.... ERA UN LIBRO. UN LIBRO PORQUE A PASCUALA GÚSTALLE ESCOITAR CADA DÍA AS HISTORIAS QUE OS NENOS, NENAS E PROFE CONTAN, E TAMÉN CANDO LEMOS CONTOS.
 ESTE  LIBRO TEN POR TÍTULO : " LAS EMOCIONES DE NACHO".
NACHO É UN NENO QUE CONTA COMO SE SINTE,  E QUE COUSAS LLE LEVAN A SENTIRSE DESE XEITO.
NA AULA TRABALLAREMOS AS EMOCIÓNS, QUE OS NENOS E NENAS POUCO A POUCO APRENDAN  A EXPRESAR OS SEUS ESTADOS DE ÁNIMO, E QUE COUSAS LLE FAN SENTIRSE ASÍ, COMO REACCIONAN, COMO ATOPAR SOLUCIÓNS E QUE PODEMOS FACER  PARA EVITALO EN CASO DE QUE O SENTIMENTO SEXA DE ENFADO, TRISTURA, MEDO  ETC.