NO MES DE NOVEMBRO, PUXEMOS A CHAYOTA ( FROITO TROPICAL) NUN XARRÓN CON AUGA PERO SEN QUE TOCARA Ó FROITO.LEMBRADES?
NESTE TEMPO ESTIVEMOS OBSERVANDO O QUE ÍA PASANDO, E TAMÉN ALGO MÁIS DESTA FROITA.
AVERIGUAMOS A TRAVÉS DO SEÑOR GOOGLE, QUE:
É UNHA PLANTA PROPIA DE CENTRO AMÉRICA, QUE CAMBIA DE NOME DEPENDENDO O LUGAR NO QUE A CULTIVEN (CHAYOTE, PAPA DEL AIRE, CALABAZA ESPINOSA...).APORTA MOITOS BENEFICIOS PARA A SAUDE, XA QUE TEN UN ALTO CONTIDO EN VITAMINA C, ANTIOXODANTESETC . TAMÉN APROVEITAN AS SÚAS FOLLAS PARA FACER INFUSIÓNS, E AS RAICES APROVEITANAS COMO SUSTITUTAS DAS PATACAS. ENTRANDO NESTA PÁXINA PODEDES LER E VER MOITISIMAS CURIOSIDADES DESTA PLANTA-ARBUSTO.
hpmhttp://www.botanical-online.com/florchayote.
A VOLTA DAS VACACIÓNS DO NADAL, XA OBSERVAMOS QUE XERMINARA, PERO AGORA DE DÍA A DÍA MEDRA MOITO, TANTO QUE XA É MÁIS GRANDE CA JULIA.
ESTAMOS PENSANDO ENQUE A IMOS PLANTAR NO NOSO PEQUENO XARDÍN,( E SEGUIR OBSERVANDO O QUE PASA E SE ALGÚN DÍA CONSEGUIMOS FROITOS CONVIDARÉMOSVOS A UNHA DEGUSTACIÓN). ESPERANDO QUE UN DÍA PARE DE CHOVER. DE FEITO OS NENOS E NENAS NEN SEQUERA SABEN QUE TEMOS UN XARDINCIÑO PEQUENO PARA A NOSA AULA.
AQUÍ PODEDES OBSERVAR COMO FORON OS CAMBIOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario