miércoles, 30 de enero de 2013

CHEGA O CARNAVAL E " O MECO MANDA"

DURANTE A PRÓXIMA SEMANA ANDAREMOS A VOLTAS CO ENTROIDO. A FIGURA DO MECO (UN ESQUELETE DISFRAZADO DE HOME) QUE REPRESENTA  AS FESTAS DO ENTROIDO, E QUE CADA DÍA TEN UN MANDADIÑO QUE NOS INDICA COMO TEMOS QUE IR AO COLEXIO. SERÍA BONITO QUE FORAN ACOMULATIVOS.  ESTES DON OS MANDADIÑOS PARA:
LUNS 4: PARA MELLOR VER, GAFAS HAS DE TER.
MARTES 5:NA SOLAPA UNHA FLOR PARA SENTIRTE MELLOR.
MÉRCORES 6:A CABEZA DEBES TAPAR PARA NON TE CONSTIPAR.
XOVES:MOI PINTADIÑO/A HAS DE ESTAR PARA PODER ENTRAR.
UNHA VEZ MÁIS CONTO COA VOSA COLABORACIÓN PARA QUE OS NENOS E NENAS QUE POIDAN, TRAIAN CADA DÍA O QUE O MECO MANDA.

martes, 22 de enero de 2013

COMO VAI A CHAYOTA?????

NO MES DE NOVEMBRO, PUXEMOS A CHAYOTA ( FROITO TROPICAL) NUN XARRÓN CON AUGA PERO SEN QUE TOCARA Ó FROITO.LEMBRADES?
NESTE TEMPO ESTIVEMOS OBSERVANDO O QUE ÍA PASANDO, E TAMÉN ALGO MÁIS DESTA FROITA.
AVERIGUAMOS A TRAVÉS DO SEÑOR GOOGLE, QUE:
É UNHA PLANTA PROPIA DE CENTRO AMÉRICA, QUE CAMBIA DE NOME DEPENDENDO O LUGAR NO QUE A CULTIVEN (CHAYOTE, PAPA DEL AIRE, CALABAZA ESPINOSA...).APORTA MOITOS BENEFICIOS PARA A SAUDE, XA QUE TEN UN ALTO CONTIDO EN VITAMINA C, ANTIOXODANTESETC . TAMÉN APROVEITAN AS SÚAS FOLLAS PARA FACER INFUSIÓNS, E AS RAICES APROVEITANAS COMO SUSTITUTAS DAS PATACAS. ENTRANDO NESTA PÁXINA PODEDES LER E VER MOITISIMAS CURIOSIDADES DESTA PLANTA-ARBUSTO.
hpmhttp://www.botanical-online.com/florchayote.

A VOLTA DAS VACACIÓNS DO NADAL, XA OBSERVAMOS QUE XERMINARA, PERO AGORA DE DÍA A DÍA MEDRA MOITO, TANTO QUE XA É MÁIS GRANDE CA JULIA.
ESTAMOS PENSANDO ENQUE A IMOS PLANTAR NO NOSO PEQUENO XARDÍN,( E SEGUIR OBSERVANDO O QUE PASA E SE ALGÚN DÍA CONSEGUIMOS FROITOS CONVIDARÉMOSVOS A UNHA DEGUSTACIÓN).  ESPERANDO QUE UN DÍA PARE DE CHOVER. DE FEITO OS NENOS E NENAS NEN SEQUERA SABEN QUE TEMOS UN XARDINCIÑO PEQUENO PARA A NOSA AULA.
AQUÍ PODEDES OBSERVAR COMO FORON OS CAMBIOS.


GRAN SORPRESA-UNHA CODORNIZ

HOXE, QUEDAMOS COA BOCA ABERTA CANDO VIMOS ENTRAR POLA PORTA DA AULA A JULIA CUNHA XAULA E UNHA AVE DENTRO.
TODOS E TODAS FORON A VER QUE ERA AQUELO," UN PAJARO"," UN PÁJARO" DECÍAN DAS DÚAS MANEIRAS. MERCEDES COLLEU A XAULA E SENTÁDOS TODOS NA ASAMBLEA EMPEZAMOS A PREGUNTAR:

MERCE: JULÍA, QUE É ISTO?
JULIA: “ UN PAXARO”, É UNHA CHICA, É UNHA COMORIS”.
MERCEDES : SERÁ UNHA CODORNIZ?
JULIA: “SI”
MERCE: EN GALEGO CHÁMASE PASPALLÁS.
MERCE: TEN NOME JULIA?
JULIA: SI, CHÁMASE……………
MERCE: QUE VOS PARECE SE LLE BUSCAMOS UN NOME, NÓS TAMÉN TEMOS NOME.
ZOE:  MICA.
ANDREA ÁLV: LALA
MERCE: QUE VOS PARECE KIKA?, JULIA GÚSTACHE?
MERCE: JULIA DIXECHES QUE ERA UNHA CHICA, E TEN NOIVO?
JULIA: “ SI, ESTÁ CON CASILDA, NOUTRO COLE”
MERCE: CASILDA É UNHA PRIMA DE JULIA. JULIA E KIKA PÓN OVOS?
JULIA: “ SI, SON PEQUENOS E COLOR NEGRO”.
TAMÉN QUIXEMOS COMPARTIR CON OUTROS NENOS E NENAS DO COLE A CODORNIZ E JULIA, FOI A ENSINARLLA.
APROVEITANDO QUE ESTAMOS A TRABALLAR " EL CUERPO", FIXEMOS UNHAS COMPARACIÓNS ENTRE A CODORNIZ E NÓS. ISTO VERÉDELO NOS SEUS TRABALLOS. ESPERAMOS QUE KIKA VEÑA MAÑAN A ESCOLA E PODER COMPARATIR CON ELA UN POUCO DA NOSA FROITA.
MIRADE, MIRADE...

miércoles, 9 de enero de 2013

AGASALLOS DOS REIS MAGOS

FELIZ 2013 FAMILIAS.
ONTE CANDO CHEGAMOS Ó COLE, ATOPAMOS QUE OS REIS MAGOS LERAN A CARTA QUE EU LLES ESCRIBIRA, E DEIXARÓNNOS UN AGASALLOS, E TAMÉN UNHA CARTA EN RESPOSTA A QUE EU LLE ESCRIBIRA. DECÍAN QUE ESTABAN CONTENTOS XA QUE OS NENOS E NENAS DA AULA VERDE TRABALLARAN MOITO, PERO TAMÉN QUE AS VECES NON CUMPRIAN MOI BEN AS NORMAS, E ISO HABÍA QUE MELLORALO, PERO QUE NOS DEIXABAN VARIAS COUSIÑAS: CONTOS PARA VER E PODER ESCOITAR, UN ABECEDARIO GRANDE DE MADEIRA, UNHA BONECA QUE RIE E CHORA, UN LIBRO GRANDE QUE TAMÉN É CREBACABEZAS, OUTRO LIBRO DA GRANXA, BUENO ELES TAMÉN QUERÍAN VER COMO AS NENAS E NENOS FACÍAN UN DEBUXO DOS AGASALLOS QUE LLE TROUXERAN E ASI O FIXEMOS. HOXE ESTIVEMOS PROBANDO OS XOGUETES E LIBROS NOVOS, MIRADE......