ESTIMADAS FAMILIAS, XA DENDE FAI TEMPO, HAI NENAS E NENOS QUE TRAEN CONTOS Á ESCOLA PARA LERLLES AOS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, E CADA DÍA EU TAMÉN LLE LEO UN CONTO, AS VECES FAN ELES UN DEBUXO REFERIDO Ó CONTO E OUTRAS VECES NON.
OBSERVO QUE LLES GUSTA MOITO LERLLES ÓS COMPAÑEIR@S, ENSÍNANLLES AS IMAXES, E OS OUTROS PRESTAN ATENCIÓN E RESPECTAN Ó LECTOR, LECTORA.
EVIDENTEMENTE QUE ENTENDEMOS POR LER INTERPRETAR AS IMAXES DO CONTO, ANQUE A MAIORÍA DAS VECES SABENO DE MEMORIA E AXUSTASE MOITÍSIMO Á REALIDADE.
SE VOS PIDEN PARA TRAER CONTOS PARA LER DEIXADELLE, SE ME XUNTO CON VARIOS POIS LERAN EN DISTINTOS DÍAS.
O MÁIS IMPORTANTE PARA MIN É ESAS GAÑAS E LEDICIA COA QUE CHEGAN POLAS MAÑANS CO SEU CONTO E QUE QUEREN CONTALO, E DENDE A MIÑA SILLA, MANDAN CALAR E QUE OS ESCOITEN.
AQUÍ IDES VER A CATRO PERO HAI MÁIS QUE OS SUBIREI NOUTRA OCASIÓN.
PERO SI QUE É MOI IMPORTANTE QUE NA CASA LLE LEADES, E QUE ELES VEXAN LER, ELES E ELAS IMITAN OS COMPORTAMENTOS DOS MAIORES, E FAN O QUE VEN FACER.
MIRADE QUE FANTASTICAMENTE O FAN. MOI ORGULLOSA DOS MEUS NENOS E NENAS.