domingo, 27 de noviembre de 2016

O MONSTRO DE CORES

ESTIMADAS FAMILIAS, COMO SABEDES NESTE TRIMESTRE  ESTAMOS FACENDO O CONTO DO: "MOSTRO DE CORES", A VERDADE QUE NOS VAI MOI BEN, PENSO, ELES DISFRUTAN ESCOITANDO O CONTO, CANTANDO A CANCIÓN, E FACENDO AS FICHAS DO XEITO QUE AS FACEMOS: GRUPOS PEQUENOS E SABENDO EN TODO MOMENTO O QUE ESTÁN FACENDO.
 ANTES DE CHEGAR Ó SEU FÍN, IDES VER UNHAS IMAXES DO CONTO COMO VAI,A PARTE DE FACER A PROPIA FICHA DO CONTO MÉTEMOSLLE OUTRA DE QUE CONTIDOS COMO: QUE  OS POÑEN CONTENTOS, QUE OS PÓN TRISTES, QUE LLES DÁ MEDO, QUE LLES DÁ CALMA OU TRANQUILIDADE, NO ENFADO NON ME METÍN MOITO XA QUE É FÁCIL ( DE FEITO PASOU) CONFUNDIR A TRISTEZA CO ENFADO, EXPLIQUEILLO PERO IREMOS TRABALLANDO ISO DURANTE ESTES TRES CURSOS. A TRISTEZA É AQUILO QUE NOS PRODUCE DOR, E PODEMOS CHORAR, O ENFADO E A RABIA SON AS INXUSTIZAS, NON PODER RESOLVER ALGO, PODE SER ENFADO CONMIGO MESMA, OU COS DEMÁIS ETC.. APARTE DO QUE SEI AGORA ESTOU NUN SEMINARIO E NUN CURSO DE FORMACIÓN SOBRE AS EMOCIÓNS, CO CAL ESPERO APRENDER E APLICALO NA AULA MOITO MÁIS PARA QUE OS MEUS ALUMNAS E ALUMNOS SE POIDAN BENEFICIAR.   MIRADE COMO VAI PASANDO O TEMPIÑO, PODEREDES OBSERVAR: COMO CAMBIARON EN SOLO 2 MESES E MEDIO, QUE BEN TRABALLAN E QUE BEN CANTAN, XA QUE Ó FINAL HAI UN VÍDEO DA CANCIÓN. 
SUPOÑO QUE ALGUNS/AS SEGURO QUE A CANTAN NA CASA E VOS CONTAN.
AGORA DISFRUTADE VÓS QUE NÓS.......XA O ESTAMOS FACENDO.

ESTA È A CANCIÓN:

domingo, 13 de noviembre de 2016

O NOSO MAGOSTO

ESTIMADAS FAMILIAS, O VENRES 11  FÍXOSE NO COLEXIO A FESTA DAS CASTAÑAS: O  MAGOSTO.
XA FAI UN TEMPIÑO QUE NA AULA FALAMOS DA ÁRBORE QUE DÁ CASTAÑAS, CASTIÑEIRO, POPULARMENTE NA FALA TAMÉN SE DÍ CASTAÑO, QUE O SEU FROITO SON AS CASTAÑAS E QUE SAEN DUN OURIZO.
APRENDEMOS UN POEMA PEQUENIÑO, E UNHA CANTIGA PARA ESTE DÍA.
AGORA ATRAVÉS DUNHAS FOTOS IDES VER COMO FOI.
DISFRUTADE FAMILIAS QUE NÓS, XAO FIXEMOS.




DESPOIS DE RECITAR E CANTAR....... A PAPARRRR