martes, 24 de mayo de 2016

"O PRINCIPIÑO"

ESTIMADAS FAMILIAS, AQUÍ PODEDES VER TODO O LIBRO QUE ELABORASTES NAS CASAS DO PRINCIPIÑO, XA QUE AINDA ESTÁ NA EXPOSICIÓN E NON DARÍA TEMPO DE QUE TODOS O LEVASEN Á CASA. SI PODEDES VER AS ILUSTRACCIÓNS MARAVILLOSAS DE TODOS E TODAS.
COMA SEMPRE GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, ESFORZO, TEMPO E SOBRE TODO GANAS DE FACER. GRAZAS.

martes, 17 de mayo de 2016

A FESTA DAS NOSAS LETRAS

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, TODOS OS DÍAS TEN QUE SER DÍA DAS NOSAS LETRAS.
ESTE ANO ADICADO A MANUEL MARÍA. APRENDEMOS UNS POEMAS: " O ARCO DA VELLA", " A ESTRELA", E O MÉRCORES 18 FAREMOS UNHA SOLTA DE POEMAS POR BERTAMIRÁNS E REDORES DO COLEXIO. NA AULA LINLLES O CONTO: " O BIGOTE DE MIMÍ", GUSTOULLES E FIXERON UN DEBUXO E O MARCA PÁXINAS.
TAMÉN NO XIMNASIO SE FIXERON ACTIVIDADES CO GALLO DESTE DÍA. AGORA VEREDES O QUE FIXEMOS NA AULA E DESPOIS, ENGÁDOVOS A DIRECCIÓN DUN VÍDEO DO GRUPO " BRINCA VAI" CUNHA CANCIÓN FERMOSÍSIMA E QUE OS VOSOS FILLOS E FILLAS VOS PODEN CANTAR.



AHORA A O VÍDEO COA CANCIÓN: " O MEU MUNDO É"

domingo, 15 de mayo de 2016

CONTOS CONTADOS.AULA VERDE 5ANOS A

HABITUALMENTE OS NENOS E AS NENAS  QUEREN SER OS PRIMEIROS NA FILA, OS PRIMEIROS PARA IR A XOGAR, EN QUERER REMATAR AS TAREFAS, ETC.....POIS ESTE CURSO OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A QUEREN SER OS PRIMEIROS EN LER, SISI, EN LER, E É UNHA MARAVILLA ESCOITALOS.
CADA DÍA CHEGAN CO CONTO QUE QUEREN CONTAR, AS VECES MÁIS CA UN, TANTO FOI O CASO QUE TIVEN QUE FACER UNHA LISTA. A VERDADE QUE É MOI
GRATIFICANTE CANDO SE VE E SE ESCOITA TODO ISTO, ESTADES PREPARADOS??? POIS AHÍ VAN.......MIRADE E ESCOITADE:

" DESDE ENTONCES HASTA AHORA"

ESTE É O CONTO QUE XABI, O PAPÁ DE MARIO, NOS ACHEGOU O PROGRAMA DE " FALADOIROS NO MUIÑO". DENDE AQUÍ QUERO ANIMAR A QUE PARTICIPEN MÁIS PAPÁS, QUE NON TEÑADES VERGOÑA, QUE PÁSASE MOI BEN.
SEMPRE ENGADO NA INTRODUCCIÓN AO CONTO A MUSICA DE PABLO DÍAZ" HOXE IMOS CONTAR UN CONTO". A NÓS GUSTOUNOS MOITO, AGORA A DISFRUTAR VÓS....