martes, 27 de diciembre de 2016

ESTIMADAS FAMILIAS , AQUÍ IDES VER A 1ª VEZ QUE OS MEUS ALUMN@S ESCRIBEN O SEU NOME, DECIR QUE ALGÚNS DENDE QUE O ESCRIBIRON AQUÍ XA MELLORARON MOITO, INCLUSO HAI NEN@S QUE XA O ESCRIBEN PERFECTAMENTE, TAN SOLO QUE ESPEREI A QUE O PUXERAN OS 25.

viernes, 23 de diciembre de 2016

OS REIS MAGOS VISITAN O NOSO COLE

ESTIMADAS FAMILIAS O MÉRCORES 21 AS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE.....VIÑERON FACERNOS UNHA VISITA, RECOLLER AS CARTAS DOS NEN@S QUE FIXEMOS NA ESCOLA, FALARON E BAILARON CON TOD@S NÓS.
FOI MÁGOS QUE ALGÚNS LLE TIVERON UN POUCO DE MEDO E FOI IMPOSIBLE FACERLLES A FOTO CON ELES, PERO PREFERÍN QUE ESTIVERAN TRANQUIL@S NA AULA XOGANDO A QUE O PASARAN MAL.
COMO ESTOU SEGURA QUE TODOS E TODAS FOSTES MOI BOAS E BÓS, OXALÁ QUE NOS DEIXEN MOITOS AGASALLOS A TODOS E TODAS.
MIRADE:


miércoles, 14 de diciembre de 2016

ESPETÁCULO: " O COELLIÑO BRANCO"

ESTIMADAS FAMILIAS, IDES VER QUE PEDAZO DE ARTÍSTA HAI NA AULA VERDE.
UN DÍA CALQUERA DA SEMANA, LINLLES O CONTO DO COELLIÑO BRANCO,  DOS AUTORES: XOSÉ BALLESTEROS EÓSCAR VILLÁN, DA EDITORIAL : KALANDRAKA , AO REMATAR PREGUNTARONME, QUE CANDO ÍAMOS FACER O ESPETÁCULO DO COELLIÑO. E UNHA NENA DIXO QUE ELA QUERÍA CONTAR O CONTO, ENTÓN DEIXEILLO CONTAR E XA  VÍN QUE O SABÍA TODO. ASÍ PREGUNTEI QUE QUERÍA SER....AS PERSONAXES, FORON OS QUE QUIXERON, E NADA ENSAIAMOS 2 DÍAS, PAULA E OLGA AXUDARONNOS , E HOXE INVITAMOS AOS NOSOS E NOSAS COMPAÑEIRAS DE 3 ANOS B, E A VERDADE QUE ESTABAMOS MOI EMOCIONAD@S (DIXO MICAELA). GUSTOU TANTO QUE TIVEMOS QUE FACELO UNHA VEZ MÁIS, DISFRUTAMOS MOITÍSIMO, ASI QUE AGORA TÓCABOS A VÓS FAMILIAS.

jueves, 8 de diciembre de 2016

A MATEMÁTICA XOGANDO

ESTIMADAS FAMILIAS, ASÍ IMOS APRENDENDO LÓXICA-MATEMÁTICA.
CONTAR, IDENTIFICAR A CANTIDADE  CUN NÚMERO, EXPRESALO COS DEDOS, ASOCIAR NÚMERO Á CANTIDADE, E TODO ISTO COMO UN XOGO, QUE COMO IDES PODER COMPROBAR PODESE FACER NA CASA. NA AULA FANO TODOS E TODAS ANQUE NON SAIAN NO VÍDEO.
DESPOIS EN PAPEL ALGUNHA FICHA TIPO: IDENTIFICAR E DISCRIMINAR UN NÚMERO COMO (1) DOS DEMÁIS.
XOGAMOS E APRENDEMOS.
MIRADE:

jueves, 1 de diciembre de 2016

PEQUENOS ARTÍSTAS

ESTIMADAS FAMILIAS, CÓNTOVOS QUE " CALMA" (QUE ASÍ LLE CHAMAMOS O MONSTRO VERDE), SAÍUNOS VIAXEIRO. RESULTA QUE FAI 15 DÍAS, MÁIS, MENOS FOI A ROMA CON MICAELA E A SÚA FAMILIA,( DESPOIS FOI UNS DÍAS A S.SEBASTIÁN E BILBAO CON ALDARA, E MAÑAN MARCHA PARA MADRID CON MIGUEL FABEIRO ).  VEU FELIZ, VISITARON A BOCA DA VERDADE, BOTARON A MOEDA NA FONTANA DE TREVI, O COLISEO.....ATA VIRON QUE ALÁ TAMÉN HAI O SEU CONTO, EN ITALIANO CLARO!!!!, PERO RESULTA QUE O MOSTRO  DEBIÚ FACER UNHA ESCAPADIÑA SEN MICAELA SABER A UN MUSEO, PORQUE NA SÚA BOLSA HABÍA 2 LÁMIAS, UNHA CO RETRATO DE GIUSEPPE ARCIMBOLDO, E A OUTRA LÁMIA É O CADRO DESTE PINTOR O "OUTONO". ESTE ARTÍSTA É ITALIANO  E GUSTABALLE MOITO XOGAR CO ROSTRO DAS PERSOAS E CON ELEMENTOS DA NATUREZA, E COMO AGORA ESTAMOS NO OUTONO POR ISO MERCOU ESA LÁMIA.
POIS RESULTA QUE A MERCEDES OCURRÍUSELLE QUE FIXERAMOS NÓS CON FOLLAS UN PEQUENIÑO CADRO, ASI QUE ENSINABANOS UNSHAS FOTOS DE ANIMAIS E NÓS ESCOLLÍAMOS A QUE NOS GUSTABA E CON MOITA AXUDA DELA FIXEMOS A NOSA OBRA, A CAL ACOMPAÑAMOS CUNHA FRASE DUN POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
AGORA IDES VER UNHAS IMAXES.
A DISFRUTAR FAMILIAS QUE NÓS XAO FIXEMOS.

domingo, 27 de noviembre de 2016

O MONSTRO DE CORES

ESTIMADAS FAMILIAS, COMO SABEDES NESTE TRIMESTRE  ESTAMOS FACENDO O CONTO DO: "MOSTRO DE CORES", A VERDADE QUE NOS VAI MOI BEN, PENSO, ELES DISFRUTAN ESCOITANDO O CONTO, CANTANDO A CANCIÓN, E FACENDO AS FICHAS DO XEITO QUE AS FACEMOS: GRUPOS PEQUENOS E SABENDO EN TODO MOMENTO O QUE ESTÁN FACENDO.
 ANTES DE CHEGAR Ó SEU FÍN, IDES VER UNHAS IMAXES DO CONTO COMO VAI,A PARTE DE FACER A PROPIA FICHA DO CONTO MÉTEMOSLLE OUTRA DE QUE CONTIDOS COMO: QUE  OS POÑEN CONTENTOS, QUE OS PÓN TRISTES, QUE LLES DÁ MEDO, QUE LLES DÁ CALMA OU TRANQUILIDADE, NO ENFADO NON ME METÍN MOITO XA QUE É FÁCIL ( DE FEITO PASOU) CONFUNDIR A TRISTEZA CO ENFADO, EXPLIQUEILLO PERO IREMOS TRABALLANDO ISO DURANTE ESTES TRES CURSOS. A TRISTEZA É AQUILO QUE NOS PRODUCE DOR, E PODEMOS CHORAR, O ENFADO E A RABIA SON AS INXUSTIZAS, NON PODER RESOLVER ALGO, PODE SER ENFADO CONMIGO MESMA, OU COS DEMÁIS ETC.. APARTE DO QUE SEI AGORA ESTOU NUN SEMINARIO E NUN CURSO DE FORMACIÓN SOBRE AS EMOCIÓNS, CO CAL ESPERO APRENDER E APLICALO NA AULA MOITO MÁIS PARA QUE OS MEUS ALUMNAS E ALUMNOS SE POIDAN BENEFICIAR.   MIRADE COMO VAI PASANDO O TEMPIÑO, PODEREDES OBSERVAR: COMO CAMBIARON EN SOLO 2 MESES E MEDIO, QUE BEN TRABALLAN E QUE BEN CANTAN, XA QUE Ó FINAL HAI UN VÍDEO DA CANCIÓN. 
SUPOÑO QUE ALGUNS/AS SEGURO QUE A CANTAN NA CASA E VOS CONTAN.
AGORA DISFRUTADE VÓS QUE NÓS.......XA O ESTAMOS FACENDO.

ESTA È A CANCIÓN:

domingo, 13 de noviembre de 2016

O NOSO MAGOSTO

ESTIMADAS FAMILIAS, O VENRES 11  FÍXOSE NO COLEXIO A FESTA DAS CASTAÑAS: O  MAGOSTO.
XA FAI UN TEMPIÑO QUE NA AULA FALAMOS DA ÁRBORE QUE DÁ CASTAÑAS, CASTIÑEIRO, POPULARMENTE NA FALA TAMÉN SE DÍ CASTAÑO, QUE O SEU FROITO SON AS CASTAÑAS E QUE SAEN DUN OURIZO.
APRENDEMOS UN POEMA PEQUENIÑO, E UNHA CANTIGA PARA ESTE DÍA.
AGORA ATRAVÉS DUNHAS FOTOS IDES VER COMO FOI.
DISFRUTADE FAMILIAS QUE NÓS, XAO FIXEMOS.




DESPOIS DE RECITAR E CANTAR....... A PAPARRRR

domingo, 23 de octubre de 2016

PARECE QUE CHEGA O OUTONO

NA AULA VERDE ESTAMOS, ENTRE OUTRAS COUSAS, FALANDO DO OUTONO, CAMBIOS QUE SE APRECIAN NA NATUREZA,  O CLIMA,NAS ÁRBORES, COMIDAS ETC.

sábado, 22 de octubre de 2016

REPRESENTACIÓN DO CONTO: " CHIBOS, CHIBÓNS"

OLA FAMILIAS, DESTA VEZ IDES VER NO QUE SE CONVERTIÚ O QUE NUN PRINCIPIO FOI CONTAR UN CONTO NA AULA  POÑENDOLLE EU UN CHISCO DE ANIMACIÓN.
CONTEI O CONTO, TRABALLAMOS A CANTIDADE 3, COMA ELES QUE TEÑEN A MAIORÍA 3 ANOS, VOCABULARIO COMO: GRANDE, MEDIANO, E PEQUENO  ETC.PERO EMPEZARON A PEDIR O CONTO E QUERER FACER O DE: PATÍN, PATÍN...PATÁN, PATÁN.." ENTÓN  VÍN QUE ELES PODÍAN PARTICIPAR PERFECTAMENTE NO CONTO,  PREGUNTEI QUEN QUERÍA SER CHIBO ( QUE HOUBO QUE CAMBIAR 3 VECES AO CHIVO PEQUENO), QUIXERON 4 E AOS DEMÁIS DECIDIMOS SER OGROS.
EMPEZAMOS A ENSAIAR, E UN DÍA COMENTOU UN NENO:" CUANDO HACEMOS EL ESPECTÁCULO", E DAHÍ  FOI CANDO FALEI COA COMPAÑEIRA PAULA, E DIXEMOS.... ADIANTE, ESTO QUEDA MOI CHULO. SON NENAS E NENOS DE 3 ANOS E TAN SOLO LEVAMOS 1 MES DE CLASE E ESTE É O RESULTADO.A MÚSICA DO INICIO É DE XAVIER DÍAZ.
DISFRUTADE AGORA VÓS, QUE NÓS XA O FIXEMOS:

miércoles, 12 de octubre de 2016

CHASE NO COLEXIO AGRO DO MUIÑO

ESTIMADAS FAMILIAS, O LUNS TIVEMOS UNHA SORPRESA INESPERADA, CHASE , DA PATRULLA CANINA, ESTIVO DE VISITA NA NOSA AULA, E TAMÉN CON OUTROS DENOS E NENAS DE INFANTIL.
FOI UNHA GRAN EMOCIÓN, ALGÚN AO PRIMEIRO ATA LLE DOU UN CHISCO DE MEDO PERO DESOIS XA SE ACERCOU.
ISTO FOI POR XENTILEZA DA MAMÁ DUN ALUMNO DA AULA.
 MIRADE AS IMAXES:

sábado, 1 de octubre de 2016

ANIVERSARIOS DO MES DE SETEMBRO

PARABÉNS, PARA OS NENOS E NENAS QUE CUMPRIRON OS 3 ANIÑOS NESTE MES.






COMO PODEDES OBSERVAR A TARTA CASE É MÁIS GRANDE CA ELES.
DECIRVOS QUE FOI XENTILEZA  DA MAMÁ DUN ALUMNO DA CLASE.

martes, 27 de septiembre de 2016

COMENZO DUNHA NOVA ETAPA

ESTIMADAS FAMILIAS, AQUÍ COMENZA UNHA NOVA ETAPA DA VIDA DAS VOSAS FILLAS E FILLOS, E MIÑA TAMÉN XA QUE EU APRENDO MOITO DELES.
COMO XA DIXEN NA REUNIÓN, NESTA AULA APRENDEREMOS DENDE O INTERESE POR SATISFACER A CURIOSIDADE, A ADMIRACIÓN POLO QUE SON E POLO QUE FAGAN, CREANDO UN CLIMA DE SEGURIDADE , QUE FAGA QUE SE SINTAN LIBRES,PARA COMUNICAR EN CADA MOMENTO COMO SE SINTEN E SEMPRE COA MELLOR DOS SORRISOS.
AQUÍ IDES VER A VIDA NOS 1ºS DÍAS DE ESCOLA, CARAS MAÍS LEDAS E MENOS, PERO DÁNDOLLE O NOSO MIMO Ó MÁXIMO.
POUCO A POUCO IREIDES VENDO FOTOS DO QUE IMOS TRABALLANDO NA AULA, QUE ESTE CURSO XIRA ENTOR ÁS EMOCIÓNS E A ARTE.
RECORDADE:" A E. INFANTIL PREPARA PARA A VIDA NON PARA PRIMARIA"

domingo, 3 de julio de 2016

FÍN DO CICLO DE 2013-2016

XUÑO 2016, AQUÍ REMATA UN CICLO DE 3 ANOS  CON MOITOS ACONTECEMENTOS , (E NA MIÑA VIDA PERSONAL UN TANTO REGULAR) QUE INDEPENDENTEMENTE DO ESTADO EMOCIONAL OS MEUS NENOS E NENAS SEMPRE FIXERON QUE ME ESQUECERA DE CALQUER COUSA MALA OU REGULAR E POÑERME UN SORRISO NA MIÑA CARA, E ISO É INPAGABLE. QUÉRO MOITOS , MOITO AO MEU ALUMNADO E  SEI QUE ELES A MIN TAMÉN.
GRAZAS MIL VECES POLOS AGASALLOS DE FÍN DE CURSO, FOI MOI EMOCIONANTE O MEU LIBRO PERO O QUE MÁIS ME ENCHE DE ORGULLO DE VÓS FOI O LIBRO PARA ANTÓN.
ESTE CURSO TAMÉN NOS DEIXA DANIELA, PARA EMBARCARSE NOUTRO COLE, MOITA SORTE DANI , NON ME OLVIDAREI DE TI ANQUE NON TE VEXA CADA SEMANA.
MERCEDES SEMPRE ESTAREI. FELIZ VERÁN.

domingo, 5 de junio de 2016

CANTAMOS E TOCAMOS

ULTIMAMENTE CANTAMOS  ALGUNHAS CANCIÓNS DA NOSA TERRA,  QUE CANTABAN AS NOSAS AVOAS, AS NAIS, E PARA QUE  ISTO NO SE PERDA, DE CANDO EN VEZ BOTAMOSLLE UNHA CANTIGA, ACOMPAÑADA DA PANDERETA AIN DA VAI MOITO MELLOR. MIRADE QUE CANTEIRA...

CAMILIÑO JOSESIÑO

NO MES DE MARZO, CHEGOUNOS Ó COLEXIO UNHA MALETA( PREVIAMENTE XA SE PUXERAN EN CONCTÁCTO OS DA FUNDACIÓN C.J.CELA), UNHA MALETA GRANDE, E OS NENOS E NENAS EMPEZARON A FACER HIPÓTESES SOBRE QUE PODERÍA HABER DENTRO DELA.....DECÍAN: " UN PELUCHE", " UN XOGUETE", " UN PIXAMA"......
DESPOIS DECIDIMOS FACER NÓS COLOREANDO E ESCRIBINDO AO NOSO XEITO UN LIBRIÑO QUE VIÑA NA MALETA E QUE CONTABA A SÚA VIDA A GRANDES RASGOS, E ASÍ NOS QUEDOU:



E PARA CONCLUIR FIXEMOS UNHA SAÍDA Ó MUSEO DO PREMIO NOBEL.
MIRADE:

martes, 24 de mayo de 2016

"O PRINCIPIÑO"

ESTIMADAS FAMILIAS, AQUÍ PODEDES VER TODO O LIBRO QUE ELABORASTES NAS CASAS DO PRINCIPIÑO, XA QUE AINDA ESTÁ NA EXPOSICIÓN E NON DARÍA TEMPO DE QUE TODOS O LEVASEN Á CASA. SI PODEDES VER AS ILUSTRACCIÓNS MARAVILLOSAS DE TODOS E TODAS.
COMA SEMPRE GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, ESFORZO, TEMPO E SOBRE TODO GANAS DE FACER. GRAZAS.

martes, 17 de mayo de 2016

A FESTA DAS NOSAS LETRAS

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, TODOS OS DÍAS TEN QUE SER DÍA DAS NOSAS LETRAS.
ESTE ANO ADICADO A MANUEL MARÍA. APRENDEMOS UNS POEMAS: " O ARCO DA VELLA", " A ESTRELA", E O MÉRCORES 18 FAREMOS UNHA SOLTA DE POEMAS POR BERTAMIRÁNS E REDORES DO COLEXIO. NA AULA LINLLES O CONTO: " O BIGOTE DE MIMÍ", GUSTOULLES E FIXERON UN DEBUXO E O MARCA PÁXINAS.
TAMÉN NO XIMNASIO SE FIXERON ACTIVIDADES CO GALLO DESTE DÍA. AGORA VEREDES O QUE FIXEMOS NA AULA E DESPOIS, ENGÁDOVOS A DIRECCIÓN DUN VÍDEO DO GRUPO " BRINCA VAI" CUNHA CANCIÓN FERMOSÍSIMA E QUE OS VOSOS FILLOS E FILLAS VOS PODEN CANTAR.



AHORA A O VÍDEO COA CANCIÓN: " O MEU MUNDO É"

domingo, 15 de mayo de 2016

CONTOS CONTADOS.AULA VERDE 5ANOS A

HABITUALMENTE OS NENOS E AS NENAS  QUEREN SER OS PRIMEIROS NA FILA, OS PRIMEIROS PARA IR A XOGAR, EN QUERER REMATAR AS TAREFAS, ETC.....POIS ESTE CURSO OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A QUEREN SER OS PRIMEIROS EN LER, SISI, EN LER, E É UNHA MARAVILLA ESCOITALOS.
CADA DÍA CHEGAN CO CONTO QUE QUEREN CONTAR, AS VECES MÁIS CA UN, TANTO FOI O CASO QUE TIVEN QUE FACER UNHA LISTA. A VERDADE QUE É MOI
GRATIFICANTE CANDO SE VE E SE ESCOITA TODO ISTO, ESTADES PREPARADOS??? POIS AHÍ VAN.......MIRADE E ESCOITADE:

" DESDE ENTONCES HASTA AHORA"

ESTE É O CONTO QUE XABI, O PAPÁ DE MARIO, NOS ACHEGOU O PROGRAMA DE " FALADOIROS NO MUIÑO". DENDE AQUÍ QUERO ANIMAR A QUE PARTICIPEN MÁIS PAPÁS, QUE NON TEÑADES VERGOÑA, QUE PÁSASE MOI BEN.
SEMPRE ENGADO NA INTRODUCCIÓN AO CONTO A MUSICA DE PABLO DÍAZ" HOXE IMOS CONTAR UN CONTO". A NÓS GUSTOUNOS MOITO, AGORA A DISFRUTAR VÓS....

sábado, 23 de abril de 2016

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

NO DÍA DO LIBRO, A AULA VERDE DO CEIP AGRO DO MUIÑO, DELEITAVOS CON UNS CONTOS LIDOS POR NENAS E NENOS DESTA AULA, QUE SE ESTÁN EMPEZANDO A ANIMAR A LERLLE ALGÚN CONTO AOS COMPAÑEIROS E FANO ESTUPENDAMENTE. MIRADE MIRADE.....

"BELISARIO O DINOSAURIO"

ESTE É O TÍTULO DO CONTO CO QUE NOS SORPRENDIÚ ÁNGELES, A MAMÁ DE LUCAS,  DENTRO DO PROGRAMA DE FALADOIROS NO MUIÑO.COMO SEMPRE GRAZAS POR PARTICIPAR E ADICARNOS UN POUQUIÑO DO VOSO TEMPO  CON NÓS.
GUSTOUNOS MOITO, E POIDÉMOLO VER MOI BEN XA QUE O PROXECTOU NA PANTALLA GRANDE. AGORA VEREDES.....

domingo, 17 de abril de 2016

EXPERIMENTOS NA AULA VERDE

O VENRES A FAMILIA DE NOELA, MÓNICA E GERARDO ACERCARONSE ATA A AULA PARA FACERNOS UNS EXPERIMENTOS, REACCIÓNS QUE SE PRODUCEN AO MESTURAR DISTINTOS INGREDINTES COMO: BICARBONATO, VINAGRE, COLORANTE. ETC, OUTRO FOI VER COMO ERAN CAPACES DE DESPEXAR UN POUQUIÑO UNS FOGUETES QUE TANTO MÓNICA COMO NOELA FIXERON NA CASA, E ENCADA FOGUETE ESTABA A FOTO DE 6 NENOS E NENAS, ALUCINAMOS.  OUTRO  FOI MÁIS COMPLICADO POLA CANTIDADE DE LUZ QUE HAI NA AULA, E TIVEMOS QUE METERNOS NO BAÑO, FOI O DE PODER VER REFLEXADAS NO TEITO AS COSTELACIÓNS. ELES PODEN EXPLICARVOS NA CASA DE QUE XEITO TAN SINXELO SE PODE FACER.
AGORA IDES PODER VER TODO ISTO NUNS VÍDEOS E FOTOS. MOITAS GRAZAS COMA SEMPRE POLA VOSA COLABORACIÓN COA ESCOLA, E POLO VOSO ESFORZO E BO FACER.
AGORA DISFRUTADE VÓS QUE NÓS XAO FIXEMOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

miércoles, 23 de marzo de 2016

" AVENTURA DE LETRAS E NÚMEROS"

ASÍ TITULEI O TRABALLO  QUE FIXEMOS  PARA TRABALLAR A LÓXICA-MATEMÁTICA NO 2º TRIMESTRE. COLLÍN A IDEA DUN TRABALLO QUE NOS MANDARAN OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE LOUSAME, E PARTINDO DESA IDEA INVENTAMOS NÓS UNHA HISTORIA, NA QUE PUXEMOS EN MARCHA A IMAXINACIÓN, A CREATIVIDADE, MOTIVADOS EN TODO MOMENTO POLA TRAMA QUE LLE ÍAMOS DANDO Á AVENTURA, MESTURANDO NÚMEROS, CON LETRAS CO UNIVERSO, XOGANDO CON TÉCNICAS PLÁSTICAS ETC.... DESTE XEITO TODOS APRENDEMOS COUSAS E PASÁMOLO MOI BEN. 
NA METADE DO TRABALLO, INCORPOROUSE INÉS( ALUMNA EN PRÁCTICAS), GUSTOLLE O QUE ESTABAMOS FACENDO E  INVENTARON OUTRO CONTO, NO QUE APARECÍA UN PASTEL GALÁCTICO, ENTÓN OCURRÍUSEME QUE COMO FÍN DO TRABALLO E COMO RECOMPENSA A TANTO ESFORZO PODERÍAN FACER ESE PASTEL NA AULA E COMELO, E ASÍ FOI.
AGORA TODO ISTO EN IMAXES E VÍDEOS.
AGORA TÓCABOS DISFRUTAR A VÓS , QUE NÓS XA O FIXEMOS.


AHORA VEREDES COMO
FIXEMOS O PASTEL GALÁCTICO:

miércoles, 16 de marzo de 2016

MARZO MES DA ÁRBORE E DA POESÍA

COMO CADRAN DURANTE AS VACACIÓNS OS DÍAS DA ÁRBORE E DA POESÍA, ADIANTAMOS UNS DÍAS OS RECITADOS, E TAMÉN SE COLGARON AS POESÍAS NUNHA ÁRBORE, QUE ESTÁN MOI CHULAS, ISTO IDEAS E ORGANIZACIÓN POLO EQUIPO DA BIBLIOTECA.
AQUÍ IDES VER A POESÍA DA NOSA AULA, A VERDADE QUE O FIXERON MOI BEN.
MIRADE E ESCOITADE....

sábado, 12 de marzo de 2016

OS PREHISTÓRICOS E PREHISTÓROCAS DE 5 ANOS A

OS NOSOS ANTEPADADOS TINGUÍAN AS PELES DOS ANIMAIS, INVENTARON O LUME, PINTABAN NAS COVAS, ERAN UNS VERDADEIROS ARTÍTAS. 
POIS ASI FIXEMOS NÓS, TINGUIRON PAPEIS , INTENTAMOS FACER LUME( DE MENTIRA, CLARO!!!!) E PINTAMOS COMA OS PREHISTÓRICOS, CON TINTES ARTIFICIAIS, PERO BEN BEN CHULOS QUE QUEDARON.
MIRADE:


sábado, 27 de febrero de 2016

"AS TRES MELLIZAS E O HOME DE CROMAGNON"

ESTE É O TÍTULO DO CONTO QUE NOS VEU A CONTAR PATRICIA FERNÁNDEZ, A MAMÁ DE GABRIEL, POR CERTO QUE MOI APROPIADO, XA QUE ESTAMOS TRABALLANDO A PREHISTORIA, E ASI FOMOS CAPACES DE SITUARNOS NO TEMPO ,TER COÑECEMENTOS  PARA ENTENDER E COMPRENDER O CONTO PERFECTAMENTE.
ESTAMOS APRENDENDO A CANCIÓN, DO HOME DE CROMAGNON, PERO DESTA VEZ A TECNOLOXÍA NON ME DEIXOU INSERTAR A CANCIÓN.


PINCHADE AQUI PARA PODER VER O VÍDEO E A CANCIÓN " EL HOMBRE DE CROMAG-NON"

sábado, 6 de febrero de 2016

CARNAVAL 2016

ESTIMADAS FAMILIAS, DURANTE  A SEMANA O MECO( MÁSCARA TÍPICA DE GALICIA) MANDABA LEVAR UN OBXETO POSTO AO COLEXIO, E O VENRES XA TODOS E TODAS DISFRAZADAS E DISFRAZADOS. ESTE CURSO FOMOS LE LÚAS FACENDO REFERENCIA Ó PROXECTO: " O UNIVERSO DE PALABRAS". ESTABAN GUAPISIMOS, MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA ESTIMA E COLABORACIÓN.

ACTUACIÓN:

martes, 2 de febrero de 2016

VISITA Á DOMUS E PLANETARIO

AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS VISITAMOS A CASA DO HOME E O PLANETARIO EN CORUÑA, DESTE XEITO  COMPLEMENTAN SE E  ENRRIQUECEN DE FORMA VISUAL E DIRECTA PARTE DOS CONTIDOS QUE ESTAMOS TRABALLANDO NA ESCOLA CON RESPECTO Á PREHISTORIA E TAMÉN Ó PROXECTO SOBRE O UNIVERSO.
AQUÍ VOS QUEDAN AS FOTOS PARA QUE VEXADES O BEN QUE O PASAMOS, E COMPORTAMENTO FOI EXCELENTE.ASÍ DÁ GUSTO.
MOI ORGULLOSA DAS MIÑAS NENAS E NENOS.

jueves, 28 de enero de 2016

OS NOSOS ANTEPASADOS

ESTIMADAS FAMILIAS, ESTAMOS ESTUDANDO A PREHISTORIA E AOS NOSOS ANTEPASADOS, IMOS SEGUINDO A EVOLUCIÓN SEGUNDO A DEIXAMOS NO 1º TRIMESTRE.. ESTAMOS APRENDENDO QUE É A PREHISTORIA, QUEN SON OS NOSOS ANTEPASADOS, COMO VIVÍAN, ONDE, QUÉ COMÍAN, CÓMO FABRICABAN FERRAMENTAS, COMO INVENTARON O LUME ETCCC.
PARA ISTO AMBIENTAMOS UN POUCO A AULA E TAMÉN NÓS. A VER SE NOS COÑECEDES......MIRADE!!!!!!