domingo, 21 de diciembre de 2014

OS REIS MAGOS VISITAN AGRO DO MUIÑO

OS REIS MAGOS VIÑERON FACERNOS UNHA VISITA E A RECOLLER AS CARTAS QUE FIXEMOS NO COLE.
COMO NON SABEMOS ESCRIBIR MOITO, RECORTAMOS NÓS SOLIÑOS UNHAS FOTOS DOS AGASALLOS QUE MÁIS NOS GUSTABAN E PEGÁMOLOS NUNHA CARTA QUE DEIXAMOS NUNHA CAIXA REAL.
EU, DÍXENLLES QUE TRES AGASALLOS, E QUE SE ACORDARAN DE PEDIR UN LIBRO, UN CONTO PARA QUE SE LEA NA CASA.
TAMÉN EU LLES ESCRIBÍN UNHA CARTA PARA QUE NOS TRAIAN ALGO PARA A AULA, ALGÚN XOGUETE, UN CONTO....E O QUE ELES QUEIRAN.
OXALÁ QUE VEÑAN CARGADOS PARA TODAS AS FAMILIAS.
UN SAÚDO. MERCEDES.

. TAMÉN BAILAMOS COAS SÚAS MAXESTADES, MIRADE

jueves, 18 de diciembre de 2014

TRUFAS.

COMO ESTAMOS CO PROXECTO:" COCINA Y ALIMENTOS" E COMO NOS GUSTA MOITO ANDAR COAS MANS NA MASA, POIS DESTA  VEZ FIXEMOS UNHA TRUFAS PARA COMPARTIR CON VÓS,  FAMILIAS.
PRIMEIRO PREGUNTEILLES SE SABÍAN O QUE ERAN TRUFAS, HOUBO QUEN DIXO QUE ERAN ROCAS E TAMÉN UN PEIXE.....
ENTÓN PREGUNTÁMOSLLE A GOOGLE.ES E XA NOS DIXO. MERQUEI OS INGREDINTES E ALAAAAAAAA 
PODEDES COMER TOTALMENTE TRANQUILOS, A HIXIENE  FOI O PRIMEIRIÑO DE TODO, LAVAMOS AS MANS, ANTES, DURANTE POLO MEDIO E DESPOIS.....ASI QUE
ESPERO QUE VOS GUSTEN E QUE VOS APROVEITEN. MERCEDES HOUBO MOMENTOS NOS QUE ME AGOBIEI UN POUQUIÑO, PERO ELES DISFRUTARON.......COMO NENOS/AS, E POR UN SORRISO DESTAS PERSOIÑAS HAI QUE FACELO TODO. MIRADE FAMILIAS:


miércoles, 17 de diciembre de 2014

BO NADAL PARA OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE LOUSAME

QUIXEMOS FACER UNHA POSTAL MOI GRANDE , BONITA E SOBRE TODO ORIXINAL. OLGA E MERCEDES RECORTAMOS OS BRECOLES E OS TOMATES, OS NENOS E NENAS DECORARON AS BOLAS DE NADAL E PEGARON TODO EN FORMA DE ÁRBORE NUN PAPEL AMARELO....VERES A VER QUE VOS PARECE.
A NÓS GUSTOUNOS MOITO, TANTO QUE APARTIRES DAQUI FIXEMOS COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 4 ANOS B A ÁRBORE DO PASILLO DE INFANTIL COAS FOTOS DAS DÚAS CLASES.
BOAS FESTAS FAMILIAS.

viernes, 12 de diciembre de 2014

CHINA

OLA FAMILIAS, DENDE A BIBLIOTECA DEMANDARON UNHA RECEITA TÍPICA DO NADAL DUN PAÍS, COMO NA NOSA AULA TEMOS A SORTE DE TER A YIMING, E OS SEU PAIS SON CHINOS, APROVEITEI A OCASIÓN PARA PEDIRLLES SE NOS FACÍAN ALGO DOCE TÍPICO DE CHINA E ASI FOI.
DESTE XEITO, QUIXEN AVERIGUAR O QUE OS NENOS E NENAS PODÍAN SABER SOBRE CHINA, E SE LLES GUSTARÍA SABER COUSAS E CALES.
INVESTIGAMOS ALGUNHAS COUSAS EN INTERNET, PREGUNTÁNDOLLE A GOOGLE, E TAMÉN AO FINAL TIVEMOS A  SORTE  DE QUE  OS PAIS DE YIMING VIÑERON A AULA, TRÓUXÉRONNOS O POSTRE TÍPICO DO ANO NOVO CHINO, E EXPLICÁRONNOS A RECEITA, E POIDEMOS DEGUSTALA.
AGORA IDES VER QUE APREDENDEMOS ALGUNHAS COUSIÑAS.........MIRADE E DISFRUTADE, QUE NÓS XAO FIXEMOS.


martes, 9 de diciembre de 2014

CORRESPONDENCIA DO CPI " CERNADAS DE CASTRO" INFANTIL B. LOUSAME

ESTIMADAS FAMILIAS, CHEGOUNOS CORRESPONDENCIA DE LOUSAME. MIRADE QUE COUSAS TAN MARAVILLOSAS. VAN LEVAR O LIBRO DE RIMAS E O XOGO DE PESCA, PORFA COIDADE MOITO ESTE MATERIAL, QUE TANTO TRABALLARON E SE ESFORZARON.
DISFRUTADE MOITO NAS CASAS COS VOSOS FILLOS E FILLAS VENDO , TOCANDO E XOGANDO.

jueves, 4 de diciembre de 2014

O CARAMELIÑO SEN COR E SEN SABOR

ESTA SEMANA DENTRO DO PROGRAMA FALADOIROS DO MUIÑO, TIVEMOS A VANESA, ( MAMÁ DE ALEX) QUE VEU A CONTARNOS UN CONTO MARAVILLOSO.
E QUE UNHA HISTORIA DUN CARAMELO, PÚXONOS A PENSAR A IMPORTANCIA QUE TEN A AXUDA QUE PODEMOS OFRECER AOS DEMÁIS.
VEREDES: