domingo, 26 de octubre de 2014

SEMANA DAS BRUXAS

ESTA SEMANA  ADICÁMOLA A FALAR DAS BRUXAS, ESES SERES MARAVILLOSOS QUE TANTO PODEN SER BOS COMO MALVADAS.
POR PARTE DO EQUIPO DA BIBLIOTECA PEDÍANNOS QUE FIXÉRAMOS UNHA DESCRIPCIÓN DAS BRUXAS, E TAMÉN UNHA  APÓCEMA.
EMPEZAMOS PREGUNTANDO , QUE SABÍAN DAS BRUXAS E TODOS E TODAS DIXERON COUSAS, ASI FOI COMO CREAMOS A NOSA BRUXA, LOGO COUSAS QUE TODA BRUXA TEN QUE TER: MASCOTA, UNHA VASOIRA....., AS SÚAS COMIDAS, E COMO NON PODÍA SER DE OUTRO XEITO OS FEITIZOS, E AS APÓCEMAS QUE FÁN PARA AS SÚAS MAXIAS. NÓS INVENTAMOS UNHA APÓCEMA PARA CONVERTIR NENAS EN RÁS E OS NENOS EN SAPOS, É QUE A NOSA BRUXA ERA MALA E MALVADA JAJAJA.
LEMOS CONTOS DE BRUXAS: " LA BRUJA BRUNILDA", A BRUXA REGAÑADENTES.....E VISIONAMOS PELÍCULAS ONDE HAI BRUXAS: HANSEL E GRETEL, CENICIENTA......
TIVEMOS O RECUNCHO DAS BRUXAS E BRUXOS, E O VENRES QUIXERON QUE ME DISFRAZARA E......HOUBO QUE FACELO...PERO ELAS E ELES TAMÉN O PASARON MOI BEN...VEREDES.
AGORA A DISFRUTAR VÓS , QUE NÓS XAO FIXEMOS

sábado, 18 de octubre de 2014

"A CAIXA DOS SENTIDOS"

DECIDÍN CHAMAR " A CAIXA DOS SENTIDOS" A UNHA CAIXA NA QUE TAN SÓ METENDO UNHA MAN, ESTA VAI SER O PRIMEIRO SENTIDO ( O TÁCTO) QUE NOS VAI DAR INFORMACIÓN SOBRE ALGO QUE ESTEA DENTRO.
O LONGO DO CURSO, E DENTRO DO PROXECTO DA ALIMENTACIÓN, FAREMOS ISTO MOITAS VECES CON DISTINTOS ALIMENTOS, E SERÁ UNHA ACTIVIDADE PREVIA Á LETRA DO ABECEDARIO QUE TRABALLEMOS ESE DÍA.
POR EXEMPLO, FIXEMOS A "K" E O ALIMENTO FOI O KIWI, FIXEMOS A "U" E O ALIMENTO FORON UVAS. 
NON SEMPRE SERÁ POSIBLE FACER ISTO CON TODAS AS LETRAS, SOBRE TODO POR CUESTIÓN DE TEMPO E DE TER SEMPRE TODO O MATERIAL PRECISO.
CON ISTO TRABALLAMOS A IMAXINACIÓN, FACEMOS HIPÓTESES, DESCRIPCIÓN DO QUE TOCAN ( GRANDE, PEQUENO, UN VARIOS, LISO, RUGOSO, SUAVE ÁSPERO, REDONDO.......) E LOGO DIRÁN O QUE PENSAN QUE HABERÁ DENTRO, ABRIMOS A CAIXA, MIRAN, ULEN E DEGUSTAN.
TODO ISTO VERÉDELO MELLOR EN IMAXES.
A DISFRUTAR FAMILIAS, QUE NÓS XAO FIXEMOS

sábado, 4 de octubre de 2014

PAN DE MILLO

PAN DE MILLO FOI O QUE TODOS E TODAS PROBAMOS O VENRES.
LEVEILLES A PLANTA DO MILLO, FARIÑA GRAUDA, BROA, E OLGA TAMÉN TRÓUXO FLOCOS DE MILLO E MILLO ENLATADO.  ASI VIRON COMO SERÍA O PROCESO DENDE A PLANTA ATA QUE PODEMOS COMELO, E GUSTOULLES QUE TODOS COMERON. TAMÉN LLE LEVAMOS OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CATRO ANOS B.  MIRADE: