viernes, 25 de abril de 2014

ENLACES PÁXINAS WEB PROXECTO DA AUGA

OLA FAMILIAS, O PROXECTO DA AUGA QUE ESTAMOS TRABALLANDO TRAE UNHA GUÍA PARA A/O MESTRE/A E UN CD CON ENLACES A PÁXINAS WEB NAS QUE SE PODEN VER VÍDEO EXPLICATIVOS INTERESANTES AO MEU PARECER.NA CLASE XA VISIONAMOS VARIAS E TODOS OS DÍAS ADICAMOS 5 MINUTOS A ESCOITAR MÚSICA CLÁSICA QUE NOS " TRANQUILIZA"  UN POUQUIÑO.
AQUÍ VOS QUEDAN UNS CUANTOS QUE PODEDES MIRAR. ESPERO QUE SEXAN DO VOSO AGRADO E DESFRUTEDES COS VOSOS FILLOS E FILLAS VISUALIZANDOOS.


VÍDEO SOBRE O COIDADO DA AUGA:
http://www.youtube.com/watch?v=Jj-W5piaU5M&feature=fvwrel
FLUVI, PEQUENIÑAS GOTIÑA DE AUGA:
http://www.youtube.com/watch?v=vd903vbcLC8

VÍDEA ANIMADO QUE EXPLICA PORQUE CHOVE:
http://www.youtube.com/watch?v=Tm45w-80otc&feature=related..

RECEITAS DE POMPAS DE XABÓN:

http://www.ensaimadamalabar.com/pompasjabon.htm

COMO FACER UN POMPEIRO XIGANTE:
http://www.youtube.com/watch?v=mh1_IBUI4OE&feature=relmfu

EXPERIMENTO CASEIRO ( PROBADE SEN MEDO):

http://www.youtube.com/watch?v=P7U4O2zfc2E&feature=fvst

VÍDEOS DE IMAXES DE AUGA CON MÚSICA DE RAVEL E DEBUSSY:
http://www.youtube.com/watch?v=fm9mGsnEyCQ&feature=fvwrel

miércoles, 23 de abril de 2014

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

AS ORIXES DA FESTA DO DÍA DO LIBRO ESTÁN LIGADAS A CATALUÑA E Á CELEBRACIÓN DO SANT JORDI ( SAN XURXO) CANDO ERA COSTUME QUE OS HOMES AGASALLASEN ÁS MULLERES CUNHA ROSA E ESTAS O FIXESEN CUN LIBRO. É APARTIRES DE 1930 CANDO SE PÓN ESTA DATA COINCIDINDO COA MORTE DE MIGUEL DE CERVANTES E TAMÉN COA DATA DE ANIVERSARIO DE NACEMENTO E MORTE DE WILLIAM SHAKESPEARE.

ESTE ANO PASCUALA DEIXOUNOS 1 LIBRO MOI ESPECIAL : "   CANTOS ANIMAIS"        DE SUSA HERRERA, PORQUE É LIBRO DE LER E TAMÉN É MUSICADO, TEN UN CD DE MÚSICA E UN DVD NO QUE VEMOS A NENOS E NENAS DO NOSO COLE.






UNHA DAS CANCIÓNS É A DA RANCIÑA , ASI QUE LÉMOLA E ESCOITÁMOLA VARIAS VECES..... SERÍA POR ISO QUE PASCUALA NOS AGASALLOU CON ESTE LIBRO CD E DVD????

MERCEDES TAMÉN MERCOU OUTRO LIBRO MOI CHULO: " MAMÁ DE QUE COLOR SON LOS BESOS" DE  ELISENDA QUERAL, ED. IMAGINARIUM.

ISBN 9788497804608.

A VERDADE É QUE NOS GUSTA MOITO E IMOLO TRABALLAR, A DEMÁIS REMATA DUN XEITO MOI SORPRENDENTE.....CON BICOS  DAS CORES DO ARCO DA VELLA. 
PINCHANDO  PODEDES VER O CONTO, FALAR DEL COS NENOS E AS NENAS NA CASA.


TAMÉN MERCAMOS PARA O NIVEL ( 3 ANOS) UN LIBRO PARA AS EMOCIÓNS, QUE XA AS ESTAMOS TRABALLANDO E XA TEMOS VARIOS LIBROS COMO: " LAS EMOCIONES DE NACHO"...., ESTE TÍTULASE:"EMOCIONARIO"
LIBRO QUE ENSINA A COMO EXPRESAR EMOCIÓNS VIVIDAS, QUE FORMAN O NOSO XEITO DE SENTIR. CONSIDERO QUE É MOI IMPORTANTE PODER EXPRESAR O QUE SENTIMOS PARA PODER COMPARTILO E QUE NOS POIDAN AXUDAR ( SE SE TRATA DE MEDO, TRISTURA, ENFADO...) E TAMÉN XUNTOS DISFRUTAT ( ALEGRÍA, AMOR..).

lunes, 14 de abril de 2014

TINGUIR FLORES, FACEMOS XELATINA.

DENTRO DO PROXECTO DA AUGA, INTENTAMOS FACER  MOITAS COUSAS COA AUGA, NESTA OCASIÓN FIXEMOS UN EXPERIMENTO DE TINGUIR FLORES, PARA O CAL FALAMOS DO QUE IAMOS PRECISAR( MATERIAIS), QUE PENSAMOS QUE ÍA PASAR ( FORMULAR HIPÓTESES), QUE PASARÍA REALMENTE, ( VEMOS OS RESULTADOS) E POR ÚLTIMO A EXPLICACIÓN DE PORQUÉ PASA ISO. TODO ISTO MELLOR CON IMAXES NO SEGUINTE VÍDEO.


TAMÉN FIXEMOS XELATINA DE AMORODO. QUERÍAMOS FACER UNHA RECEITA NA QUE UN DOS INGREDINTES FORA AUGA  E PENSEI NA XELATINA, FALAMOS SE LLES GUSTABA, E DE QUE SABOR....... CONSEGUIMOS UN HORNILLO ELÉTRICO ( QUE NOS TROUXO OLGA), MERQUEI A XELATINA E A AUGA XA A TIÑAMOS NA ESCOLA....E MANS A OBRA...
OBSERVAMOS QUE LLE PASA A AUGA CANDO SE QUENTA MOITO..( VAPOR)  LOGO SE SE ENFRÍA VOLVE A SER AUGA....ISTO É COMO O QUE PASA COA CHOIVA. 
UNHA VEZ FEITA PUXÉMOLA EN VASIÑOS, UN DÍA NA CÁMARA FRIGORÍFICA DO COLEXIO E AO DÍA SEGUINTE ..... A COMERRRR.

"NON QUERO SER UN POLBO"

ESTE É O CONTO QUE MÓNICA, A MAMÁ DE NOELA, NOS VEU A CONTAR DENTRO DO PROGRAMA : "FALADOIROS NO MUIÑO". MIRADE....MIRADE

miércoles, 2 de abril de 2014

"A AUGA NO MAR"

ESTIMADAS FAMILIAS, TÍLULO ASI:" A AUGA NO MAR" ESTA PUBLICACIÓN XA QUE , DURANTE O MES DE MARZO CONPARTIU AULA CON NÓS  NOEMI CASTRO, ALUMNA EN PRÁCTAS.  FOI UNHA ALUMNA EXCELENTE, XA QUE ADAPTOUSE MOI BEN E MOI RÁPIDO A AULA , AMOSANDO EN TODO MOMENTO INTERESE POLA MARCHA DA AULA, AS INQUEDANZAS DOS NENOS E NENAS, ATENDENDOOS EN CADA MOMENTO QUE A REQUERÍAN, AMOSANDO HABILIDADES, CREATIVIDADE, QUERENDO AXUDAR E FACER ETC, FOI MARAVILLOSO , A VERDADE É QUE NOS ACORDAMOS MOITO DELA.
UNHA PARTE DO TRABALLO QUE REALIZOU, E QUE TOMOU ELA AS RENDAS DA AULA FOI: QUERER INVENTAR UNHA HISTORIA COS NENOS E NENAS, E XA QUE  ESTAMOS TRABALLANDO A AUGA E TENDO UN PEIXE NA AULA, PARECEULLE E PARECEUNOS BEN PARTIRES DAHÍ, E VEREDES A HISTORIA TAN BONITA QUE SE CREOU. NOEMI FÍXONOS UNHA PELÍCULA DE RECORDO DO SEU PASO POLA AULA VERDE, CON ESA HISTORIA QUE XA IDES VER.
DENDE A AULA VERDE, GRAZAS NOEMI, DÁ GUSTO SABER QUE A EDUCACIÓN SEGUIRÁ EN BOAS MANS. MOITA SORTE.