miércoles, 26 de febrero de 2014

"COCORICO"

PATRICIA, A MAMÁ DE GABRIEL, ESCOLLIU  O CONTO DE COCORICO PARA VIR A AULA DENTRO DO PROGRAMA : "FALADOIROS NO MUIÑO".
GUSTOUNO MOITO, VEREDES QUE DEBUXOS MÁIS CHULOS NOS SAIRON.
EMPEZAMOS COA MÚSICA DE PABLO DÍAZ, MOI APROPIADA PARA O COMENZO DE CALQUERA CONTO.
AO REMATE METÍN TAMÉN UNHA PELÍCULA DUN COCORICO QUE FIXERA EU CON OUTROS NENOS E NENAS, E QUE  HAI UNHA IRMÁ ESTE ANO NA NOSA AULA.
UNHA VEZ MÁIS MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.
A DISFRUTARRRRR
<b>

lunes, 24 de febrero de 2014

"UNHA ROSA PARA ROSALÍA"

O 24 DE FEBREIRO SERÍA O ANIVERSARIO DA NOSA ROSALÍA, E NA NOSA ESCOLA FESTEXÁMOLO RECITANDO ALGUNHA POESÍA DE LA, QUE DE SEGURO É  O MELLOR AGASALLO QUE LLE PODEMOS FACER. COÑECER ALGO DA SÚA VIDA E MEMORIZAR UNHA POESÍA NA LINGUA GALEGA.
NÓS LEVAMOS  DÚAS SEMANAS FALANDO UN POUQUIÑO DE ROSALÍA, APRENDERON O SEU NOME, OBSERVAMOS EN FOTOS QUE A CASA DELA  NON ERA COMO É A CASA NA QUE HOXE VIVIMOS: A COCIÑA, A SÚA HABITACIÓN.......A FLOR QUE MÁIS LLE GUSTABA.... E POUCO MÁIS PARA ESTES PÍCAROS DE 3 ANOS.
DO LIBRO " PARECE UNHA ROSA" ESCOLLÍN UNHA ESTROFA PARA MEMORIZAR, PERO TAMEN A DESCOMPUXEMOS EN VERSOS, LOGO EN SÍLABAS E ELES MESMOS, COA MIÑA AXUDA, FORON CAPACES DE VOLVER A COMPOÑELA.
ASI TAMÉN LLES DEI A POESÍA INCOMPLETA, E ELES MESMOS COMPLETARON CON MOI POUCA AXUDA A PALABRAS: NENIÑA/O, NENA/O E ROSA.
TAMEN ILUSTRARON A POESÍA , COLOREARON OS PÉTALOS DUNHA ROSA E FIXEMOS UNHA COMPOSICIÓN COA ROSA E O SEU CORPO, TREMENDOS MODELOS TEÑO DE ALUMNAS E ALUMNOS, SAIRON GUAPOS GUAPOS......
E PARA REMATAR HOXE LUNS 24, RECITAMOS A NOSA POESÍA AOS NENOS E NENAS MAIORES, E TAMÉN NOS SAIU MOI BEN.
TODO ISTO VERÉDELO MELLOR EN IMAXES. ESPERO QUE DISFRUTEDES VENDO O TRABALLO, QUE NÓS DISFRUTÁMOLO FACENDO.
AQUÍ TEÑO QUE DARLLE AS GRAZAS A PROFE PAULA, A COIDADORA OLGA, E TAMÉN A NOEMI ( ALUMNA EN PRÁCTICAS ATA MARZO) SEN A SÚA AXUDA HAI COUSAS QUE NON SERÍAN POSIBLES.

PARECE UNHA ROSA - PULSAR ICONO DE MÚSICA

viernes, 21 de febrero de 2014

"BAJO EL MAR"

ESTE É O TÍTULO DO CONTO QUE O MÉRCORES 19 DE FEBREIRO NOS VEU CONTAR ANA ( MAMÁ DE JAVIER), MOI APROPIADO PARA O TEMA QUE ESTAMOS ESTUDANDO QUE COMO XA SABEDES É A AUGA.
GÚSTANOS MOITO QUE PARTICIPEDES, E SIGO AGRADECÉNDOVOS A VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DA ESCOLA.
NESTA PELÍCULA QUE IDES VER A CONTINUACIÓN AMBIENTEINA UN CACHIÑO COA MÚSICA DE PABLO DÍAZ. AGRADECENDO TAMÉN A MAMÁ DE NOELA A APORTACIÓN A AULA DESTE CD DE MÚSICA.
A DISFRUTARRRRRR...

miércoles, 5 de febrero de 2014

"RICITOS DE ORO"

ESTE É O CONTO QUE MªJESÚS ( CHÚS) MAMÁ DE CARMEN NON VEU A CONTAR HOXE, MÉRCORES 5 DE FEBREIRO, A NÓS E AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 3 ANOS B, PARTICIPANDO ASI NO PROGRAMA  DE FALADOIROS NO MUIÑO.
A VERDADE É QUE CALQUERA CONTO QUE SEXA OS NENOS E NENAS QUEDAN EMBELESADOS, DÁ GUSTO MIRAR PARA ELES O ATENTOS QUE ESTÁN.
O NOSO AGRADECEMENTO SEMPRE.

sábado, 1 de febrero de 2014

30 XANEIRO DÍA DA PAZ

SEMPRE LLE DECIMOS AOS NENOS E NENAS QUE O DÍA DA PAZ TEN QUE SER TODOLOS DÍAS, ANQUE SÓ LLE ADIQUEMOS UN DÍA AO ANO  EN CANTO A CELEBRACIÓN.
ESTE ANO O NOSO COLEXIO QUIXO ADICAR ESTE DÍA A ALGUEN MOI IMPORTANTE, QUE LOITOU MOITO POLOS DEREITOS HUMANOS, QUE ISTO LLE COSTOU ANOS PRIVADO DE LIBERDADE, POR LOITAR POLA LIBERDADE DOS DEMÁIS.
FALAMOS UN POUCO DISTO COS NENOS E NENAS, ANQUE BEN É CERTO QUE CON TRES ANOS NON PODEMOS EXTENDERNOS MOITO.
PERO EXPLICAMOSLLES QUE FOI ESTE SEÑOR, QUE NELSON NON ERA O SEU VERDADEIRO NOME, O QUE LLE PASOU NA ESCOLA, E COMO ERAN OS SEUS MESTRES ETC.
ONTE VENRES  CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ CON UN ACTO NO QUE HOUBO MÚSICA, VÍDEOS DE ENTREVISTAS A MANDELA, ALGO DE TÍTERES E UNHA COREOGRAFÍA FINAL CUNHA CANCIÓN, ADICADA A ÉL.
PODEDES VER UN POUQUIÑO AQUÍ: