É MOI DOADO ADIVIÑAR QUE CHEGOU O OUTONO, E CON ÉL AS PRIMEIRAS CHOIVAS. O PRIMEIRO DÍA MOLLADO FOI O MÉRCORES E O XOVES POLA MAÑAN CHEGOUNOS UNHA MASCOTA A NOSA AULA. AO PRIMEIRO FIXEMOS COA PROFE UN XOGO DE ADIVIÑAS, APALPANDO AQUEL AGASALLO GRANDE, ÍAMOS DICINDO SE ERA BRANDO, DURO, E PENSANDO O QUE PODERÍA HABER DENTRO.
CANDO MERCEDES ABRIU O AGASALLO, OHHHH.... UNHA RÁ, E TRAÍA UNHA CARTA. NESTA CONTÁBANOS QUE DURANTE O VERÁN VIVIRA NUNHA POZA PERO ENCHÉRASE TANTO DE AUGA QUE FUXIRA PARA UNHA QUE ESTABA PRETO DO COLEXIO. E CANDO EMPEZOU A VER NENOS E NENAS NA ESCOLA PENSOU QUE A ELA TAMÉN LLE GUSTARÍA VIR , PERO CLARO......ERA UNHA RÁ.
PASCUALA VAI A ESTAR CONNOSCO, SE CUMPRIMOS UNHAS NORMAS, COMO:
FALAR BAIXIÑO, ERGUER A MAN PARA FALAR, RECOLLER OS XOGUETES DESPOIS DE XOGAR,..... NÓS PROMETÉMOSLLE QUE ASI O FARÍAMOS E A CAMBIO ELA IRÁ CADA VENRES A CASA DUN NENO OU NENA.
TRÓUXONOS UNHA CANCIÓN QUE A ESTIVEMOS ENSAIANDO E BAILANDO E TAMÉN UN CONTO QUE XA MIRAMOS NO ORDENADOR.
E NÓS CO NOSO DEDO PINTOR COLOREAMOSLLE UNHA CAMISETA, AS PROFES PUXÉRONLLE UNS PAUS, E LEVÁMOLA PARA AS NOSAS CASAS.
TODO ISTO FAMILIAS RECOLLIDO NESTE VÍDEO. DESEXANDO QUE VOS GUSTE.