viernes, 24 de mayo de 2013

"VOY A TENER UN HERMANITO" " MI MAMÁ VA A TENER UN BEBÉ"

ESTAS SON ALGUNHAS DAS FORMAS QUE OS NENOS E NENAS UTILIZAN PARA COMUNICARNOS QUE VAI APARECER UN NOVO MEMBRO NA SÚA FAMILIA. AMOSAN UN SENTIMENTO DE LEDICIA CANDO O CONTAN NA AULA, QUEREN FACER UN DEBUXO PARA A MAMÁ, BUSCANLLE NOME AO IRMANCIÑO ETC.
ESTIVEMOS TRABALLANDO NO 3º TRIMESTRE UN POUCO ESTE TEMA.
 A RAIZ DE QUE PAULA IBA A TER UN HERMANITO PARA PRIMAVERA  LEMOS O CONTO: " VOU TER UN IRMÁN" DE MARÍA SOLAR, QUE POR CERTO FOI GALARDONADO CO " IX PREMIO LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO" QUE SE CELEBROU O PASADO 8 DE MAIO. DESPOIS DUN MES PAULA QUIXO PRESENTARNOS Ó SEU IRMÁN E VER ANA( MAMÁ DE PAULA) DE VISITA AO COLEXIO E FIXÉRONLLE AS PREGUNTAS QUE QUIXERON. TAMÉN CARLOTA DOUNOS A NOTICIA QUE A SÚA MAMÁ TIÑA UN IRMANCIÑO NA BARRIGA, FIXEMOS OUTRA INVITACIÓN E VEU PAULA( MAMÁ DE CARLOTA) A VISITARNOS E A ENSINARNOS A SÚA BARRIGA, CONTOUNOS COMO SE SENTÍA, QUE COMÍA O BEBÉ, COMO LLE FIXERAN PARA SABER QUE ERA UN NENO ETC...E TAMÉN XURXO XA NESTE ÚLTUMO MES NOS CHEGOU QUE A SÚA MAMÁ IBA TER UNHA NENA E XA SABÍA QUE SE CHAMARÁ ÁGUEDA PERO AINDA NACERÁ NO OUTONO. TAMÉN A MAMÁ DE OLALLA NOS TROUXO UN LIBRO DO PROCESO DE ADOPCIÓN.
NESTE TEMPO FUNLLE LENDO LIBROS COMO :"YA SOY HERMANO MAYOR", EDITORIAL PARRAGÓN ( NA AULA HAI VARIOS NENOS E NENAS QUE TAMÉN TEÑEN IRMANS PEQUENOS E OS CIUMES FANSE NOTAR DE FORMA IMPORTANTE), "UN PROBLEMA GRANDE" DA EDIT. KALANDRAKA E POR ÚLTIMO: "UNHA CHEA DE FAMILIAS" DA EDITORIAL GALAXIA.
DE TODO ISTO LEVARÁN A FINAIS DE CURSO UN PEQUENO TRABALLO DOCUMENTADO E QUE ESPERO SEXA DO VOSO INTERES.
INVITACIÓN AS  MAMÁS

 PAULA, ANA E ALEJANDRO
 

 PAULA, CARLOTA  E O BEBÉ QUE SE CHAMARÁ LEO
 

  






 

                 OLALLA Y   KARABÁ